O Manchester saca vantaxe ao Celta na eliminatoria

(0-1). Os de Berizzo terán que buscar a remontada no mítico Old Trafford. Sergio salvou varias ocasións claras que os deixarían con pé e medio fóra.


|

CeltamanchesteraspasO Celta, obrigado a remontar. //Fonte: RC Celta



O Manchester adiantouse no camiño a Solna. Fíxoo cun gol de falta directa, obra de Rashford, cando mellores sensacións ofrecía o Celta. Os de Berizzo tentaron igualar o marcador ata o último alento, pero non foron capaces de superar a rochosa defensa dos ingleses. O RC Celta buscará a épica en Old Trafford, "o teatro dos soños".


Primeira parte de ti a ti ante o todopoderoso Manchester United. O RC Celta arrincou o partido con timidez, pero só tivo que entrar un pouco en calor para soltarse e empezar a mirar aos ollos aos 'red devils'.


Wass tivo unha boa ocasión de cabeza a centro medido de Radoja e que marchou moi preto do poste. Tamén o tentou Sisto cun par de disparos desde fóra da área. O gran protagonista do primeiros corenta e cinco minutos foi un estupendo Sergio Álvarez, en estado de graza, que salvou o Celta ata en tres ocasiones moi claras para o Manchester.


Nada máis arrincar o segundo tempo, Iago Aspas rozou o gol cun remate de cabeza asistido por John Guidetti. De novo, o balón saíu fóra por non moito. Os celestes gañaron a posesión do balón, algo fundamental no xogo deseñado por Eduardo Berizzo. Notouno o equipo vigués que comezou a gañar peso no encontro.


Con todo, foi o Manchester United quen desequilibrou o marcador. A pouco máis de vinte minutos para o final Rashford marcou de falta directa desde o bordo da área céltica. Foi un xerro de auga fría que deixou aletargados os galegos durante un bo intre. Os xogadores célticos recuperaron sensacións na recta final do partido e comezaron a batallar ante un rival ben pechado e cun nivel de presión moi alto. Non foi capaz o Celta de superar aos de Mourinho e o marcador non se moveu. Old Trafford decidirá.


FICHA TÉCNICA


0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Beauvue, min.91), Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.74), Iago Aspas, Guidetti, Sisto.


1-MANCHESTER UTD: Romero, Valencia, Bailly, Blind, Darmian, Pogba, Ander Herrera, Fellaini, Rashford (Martial, min.79), Lingard, Mikhitaryan (Young, min.78; Smalling, min.89).


Goles: Rashford, min.67, 0-1.

relacionada O Athletic alonga a mala serie do Celta cunha goleada
relacionada Ambiente de excepción para unha noite que se esperaba con ganas en Vigo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE