O Celta chega a Manchester a pelexar o seu billete para a final
"Debémoslles unha á xente, porque o apoio que nos deron en Balaídos non foi correspondido de todo", reflexiona Iago Aspas.
Hugo Mallo, subindo ao avión. //Fonte: RC Celta
O Celta viaxou este mércores a Manchester para disputar a volta das semifinais da Europa League. Os celestes chegan a Old Trafford co 0-1 da ida como barreira para pelexar pola final ante un Manchester United que, como recoñece Adreu Fontàs, "sabe ler perfectamente os partidos e as eliminatorias".
O catalán recoñece que o resultado parcial "non é o ideal, pero que permítenos saír con toda a ambición do mundo, nun campo marabilloso, para conseguir unha xesta que sería histórica". Así, lembra que o partido será "parecido aos que xogamos fóra de casa na Europa League" e que sairán a "atacar e facer goles, con mentalidade gañadora e ofesiva".
Neste sentido, Iago Aspas, advirte que "ninguén daba un peso por nós, co que nos custou pasar a fase de grupos, e chegamos a semifinais, tamén a semis de Copa do Rey, salvámonos con meses de antelación... este equipo ten moito crédito e quédanos unha bala que temos que gastar".
O dianteiro de Moaña lembra que "caracterizámonos por meter goles e facer bos partidos fóra de casa" e aspira a facer bo fútbol, "coma a segunda parte en Balaídos". "O máis importante é meter un gol canto antes, apertar e ser fieis a nós mesmos", insiste.
Escribe o teu comentario