O Celta cae ante o Vilarreal e afástase máis de postos europeos

(0-1). Berizzo reservou a parte dos seus mellores homes para o viaxe a Rusia de entre semana e os castellonencos non perdoaron.


|

Celtavillarreal3

O Celta caeu pola mínima. //Fonte: RC Celta


A acumulación de partidos e 'finais' está a pasar factura ao Celta en Liga. As eliminatorias europeas están a custar aos vigueses a regularidade na competición doméstica. E así é difícil engancharse á loita por volver a Europa o ano que vén. Co deste domingo, os de Berizzo levan catro partidos de Liga sen gañar, ante o Sporting, Espanyol Barça e Vilarreal. No medio, a remontada en Ucraína e a ida da oitavos fronte ao Krasnodar ruso. E este xoves, viaxe a Rusia para aguantar o resultado antes do derbi do domingo.


Ante semellante panorama, Berizzo apostou polas rotacións e non terminou de saírlle ben. Partido duro e sen un claro dominador. O Celta chegou con máis perigo no primeiro tempo, pero sen apenas inquietar o porteiro. Os castellonencos abriron o marcador a balón parado e con algo de fortuna. Ao fío do descanso, Dos Santos botou unha falta que Musacchio rematou. O balón topouse con Soldado e, de rebote, terminou no fondo da portería celeste. O atacante amarelo realizou unha durísima entrada a Marcelo Díaz ao comezo do choque, pero só foi amoestado.


A dinámica do partido non variou tralo intermedio: escaso xogo nas áreas e ningún claro dominador. A entrada de Beauvue e Aspas deu aires novos ao Celta, que foi de menos a máis e apertou na recta final do partido. Os últimos compases do choque foron confusos, con moitos paróns no xogo e perdas de tempo. Os galegos non atoparon o camiño ao gol e caeron pola mínima.


FICHA TÉCNICA


0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez (Wass, min.81), Planas, Marcelo Díaz, Radoja (Iago Aspas, min.69), Jozabed, Hjulsager (Beauvue, min.59), Bongonda, Rossi.


1-VILARREAL: Andrés, Mario, Musacchio, Víctor Ruiz, Jaume Costa, Trigueros, Bruno, Dos Santos, Soriano (Rodrigo, min.88), Soldado (Sansone, min.70) e Bakambu (Castillejo, min.81).


Goles: Soldado, 0-1, min.44.

relacionada O Celta viaxará a Rusia por diante na eliminatoria
relacionada O Celta encaixa cinco goles ante un Barça imparable
relacionada O Celta empata en inferioridade ante o Espanyol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE