A Asociación de Médicos Interinos de Galicia solicita que se aplique esta medida para manter informada á poboación galega.
Fuentes das forzas de esquerda consultadas por Galiciapress mostran a súa sorpresa por unha proposta que dá espazo a dúas forzas que non teñen presenza no Parlamento. Ademais, as enquisas ata o de agora non lles dan escanos, salvo a do Español, que concede un a Vox co 4,9%.
A práctica totalidade das grandes cadeas de televisión pasan a ser investigadas pola Audiencia Nacional. O xuíz considera que eran máis que instrumentos para a fraude e que os cerebros da fraude poderían pagar comisións a traballadores das emisoras.
O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno decidiu este martes dirixir contra 14 entes televisivos, entre os que se atopan as principais cadeas de televisión españolas, o procedemento denominado "A Roda", no que se investiga a suposta fraude polo que se obtiñan ingresos millonarios polos dereitos de autor de contidos musicais emitidos en programas nocturnos. O maxistrado atribúelles un delito de corrupción nos negocios cometido por medio de organización criminal.
O sindicato denuncia que o editor de informativos de fin de semana tratou "con desprezo" a unha traballadora, á que provocou "unha crise de ansiedade" que a forzou a coller a baixa.
O propio comité pide o cesamento dos responsables dos informativos pola censura que sofren.
O director da emisora pública acusa á organización dos premios María Casares de pedir emisión en directo e que lles pagasen o sobrecusto da iluminación, xustificando así que por vez primeira os galegos non puidesen ver en directo a gala de premios do seu teatro
Cada vez que hai un problema na súa administración, Feijóo tende a usar a mesma estratexia, balóns fóra. Que non hai médicos suficientes no SERGAS ? A culpa é do Estado por non reformar as prácticas como pide a Xunta. Que a maioría dos traballadores da CRTVG secundan unha folga de 24 horas? Di que é cousa da dirección da CRTVG. E iso que tanto a emisora como o SERGAS son parte do sector público autonómico, do cal o é o máximo responsable.
Raquel Lema, responsable da CUT en Rádioa Televisión de Galicia, sinala que na xornada de folga só están a traballar “os mandos intermedios e os traballadores con contratos máis precarios, como os traballadores de prácticas”.
Os medios públicos galegos prepáranse para algo inédito na súa historia. Os traballadores están convocados a 24 horas de folga este mércores en defensa do servizo público.
En declaracións a Galiciapress, o comité de empresa explica que "entre o 70 e o 80 por cento" dos asalariados están a parar na emisora pública galega.
A oposición carga duramente contra a TVG e a Xunta despois dos problemas de emisión esta mañá. O corte empezou a primerísima hora da mañá e ata pasadas as 13:45 horas non se liquidou.
Unha asemblea de traballadores aprobou onte a convocatoria dunha folga gradual na Compañía de Rádioa Televisión de Galicia (CRTVG). Hai convocados paros de dúas horas por quendas para os días 20, 22, 24, 26 e 30 de novembro; e para o 2 de decembro.
A compañía anuncia o cesamento da súa actividade por “causas económicas”. O CPXG aproveita este caso para alertar “sobre as condicións laborais e profesionais nas súas subcontratas”.
A xornalista da Radio Galega era o referente do progama Diario Cultural, que a CRTVG cancelou para esta tempada, entre as protestas de axentes do sector e a oposición.