“Éxito rotundo” na folga da CRTVG, cun “90% de seguimento”

Raquel Lema, responsable da CUT en Rádioa Televisión de Galicia, sinala que na xornada de folga só están a traballar “os mandos intermedios e os traballadores con contratos máis precarios, como os traballadores de prácticas”.


|

Raquel Lema, responsable da CUT en Rádioa Televisión de Galicia, sinala que na xornada de folga só están a traballar “os mandos intermedios e os traballadores con contratos máis precarios, como os traballadores de prácticas”. 


WhatsApp Image 2018 12 19 at 11.27.18

Manifestación dos traballadores da CRTVG


A folga de 24 horas que iniciaron os traballadores da CRTVG na súa loita contra as medidas do Goberno de Feijóo está a ser un “éxito rotundo”, en palabras de Raquel Lema, responsable da CUT en Rádioa Televisión de Galicia. “Temos un seguimento da folga na quenda de traballadores da mañá do 90% en San Marcos e nas delegaciones”, afirma Lema. 


Desde a central da CRTVG, consultado por este medio, non facilitaron datos do seguimento da folga.“Non temos os datos de seguimento computados, xa que nos faltan quendas de traballadores/ as por entrar na sede de San Marcos e as delegacións”, comunican desde o departamento de prensa da CRTVG, sinalando que contarán cos datos definitivos “ao final do día”. 


Para poder sacar adiante a xornada, na TVG puxeron en marcha uns servizos mínimos considerados “abusivos” por parte dos traballadores que secundaron a folga. “Están a traballar unicamente os mandos intermedios, porque a pesar de que están suxeitos ao convenio colectivo e ter dereito á folga teñen que estar de lado da empresa, e os traballadores con contratos máis precarios, como os traballadores con contratos en prácticas e as FEUGAS”, sinala Lema, que tamén lamenta a situación destes traballadores con contratos nos que non teñen dereito á folga, “algo que teriamos que mirar urxentemente”


APOIO DA OPOSICIÓN

Como parte da xornada de folga, ata 250 traballadores da CRTVG levaron a protesta ata ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos por membros da oposición. “Toda a oposición solidarizouse coa nosa loita: recibíronnos Leiceaga, Ana Pontón, Antón Sánchez, Olalla Rodil, Noela Vázquez… Baixaron todos os membros da oposición da Comisión de Control da CRTVG”, subliña Lema, confirmando o apoio de todos os partidos da oposición. “Aquí quen falta é o PP, algo que deixa entrever cal é a súa postura con respecto a este movemento”, destaca a membro da CUT, que comenta que a manifestación se trasladará á Praza Vermella onde lerán un manifesto antes de subir de novo ás instalacións da CRTVG.


Ante esta situación histórica de folga, a Televisión de Galicia viuse obrigada a reestruturar a súa grella. “Están están a tentar facer as cousas para que non se note, por iso teñen uns servizos mínimos abusivos e non chegaron a acordos connosco”, comenta Raquel Lema sobre a programación de hoxe. “O que si que sabemos con seguridade é que non hai deportes nin información meteorolóxica porque todos os compañeiros desas seccións apoiaron a folga”, afirma Lema.


SITUACIÓN DAS NEGOCIACIÓNS

No referido a como se atopan as negociacións coa dirección da CRTVG, Lema lamenta que a última proposta “empresa non satisfai as tres demandas principais, que son contra o desmantelamento, a manipulación e a represión que sufrimos”.


“O desmantelamento a oferta que fan para a recuperación de produción propia é insuficiente e insuficiente é a proposta relacionada co cadro de persoal, porque a perdida foi progresiva nos últimos anos e non temos persoal suficiente como para sacar adiante contido propio de servizo público”, destaca Lema, sinalando á súa vez que “non hai ningún avance en canto á manipulación para implementar o Consello de Informativos previsto na Lei de Medios e a represión continúa o expediente sancionador aberto ao compañeiro Carlos Jiménez”.


Doutra banda, Lema di que os traballadores están preparados para retomar as negociacións o día 22 á espera de “unha proposta máis favorable da empresa, senón teremos que deseñar un novo calendario movilizador con vistas ao ano que vén, que vai ser un ano interesante porque coincide cun ciclo electoral bastante denso”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE