'Cela 211', 'O descoñecido', 'Invasor' e 'Toro' dispoñibles na carteleira online da CRTVG

As películas 'Cela 211', 'O descoñecido', 'Invasor' e 'Toro' xa están dispoñibles en 'Carteleira G', o ciclo de cinema galego que abriu a web da CRTVG e que este xoves incluíu este novo pack de películas de acción.

|

As películas 'Cela 211', 'O descoñecido', 'Invasor' e 'Toro' xa están dispoñibles en 'Carteleira G', o ciclo de cinema galego que abriu a web da CRTVG e que este xoves incluíu este novo pack de películas de acción.


Cela 211

Fotograma de 'Cela 211'


Este xoves 'Carteleira G' suma novos títulos á súa oferta online e esta vez foi a quenda de 'Cela 211', unha película protagonizada por Luís Tósar que conta a historia dun novato funcionario de prisións que queda illado no bloque de presos perigosos durante un motín e a partir dese momento comeza a facerse pasar por un deles. Outros actores como Luís Zahera, Xosé Manuel Olveira 'Pico', Antonio Durán 'Morris', Ricardo de Barreiro ou Xavier Estévez tamén participan nesta obra que gañou varios premios Goya.


'O descoñecido' de Dani da Torre tamén se incluíu na actualización semanal. A película foi rodada nas rúas da Coruña e aí desenvólvese unha trama na que un executivo da banca sofre unha angustiosa aventura cando sae de casa para levar á súa filla ao colexio. Tamén está protagonizada por Luís Tosar e o elenco de actores conta con nomes como o de Javier Gutiérrez, Antonio Mourelos ou Ricardo de Barreiro.


Outro das longametraxes rodadas na Coruña e incluídos no este ciclo de cinema é o de Daniel Caparsoro, 'Invasor', un thriller de acción que conta a historia dun médico militar ferido en Iraq e afectado de amnesia que, ao volver a casa, comeza a sospeitar sobre as explicacións que xustifican o atentado que sufriu.


Por último, a última película que se incluíu esta semana é a dirixida por Kile Maíllo, 'Toro'. O escenario principal da secuencia é Vigo, Pontevedra e Andalucía. Alí nárrase a huída de dous irmáns que viaxan coa filla pequena dun deles e son perseguidos polos matóns dun perigos delincuente ao que roubaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE