​O Comité Intercentros da CRTVG reclama unha investigación pola presunta filtración do off the record de Irene Montero

|

Desde o comité esixen a posta en marcha dunha investigación que esclareza se realmente houbo ou non unha filtración a un medio privado (ABC) de material pertencente á televisión pública.


O Comité Intercentros reivindica que a investigación sexa “seria e independente” co fin de destapar que ocorreu e se, como denuncian algúns medios, houbo unha filtración de información confidencial sobre o 8-M pertencente a unha entrevista concedida pola ministra de Iugaldad Irene Montero.


Irene montero



“O comité considera que a posible filtración deteriora gravemente a credibilidade dos medios públicos de Galicia e esixe que se clarifique a situación”, denuncia o comité. Nese sentido, aínda que o material foi filmado pola canle ETB, os vídeos chegaron á CRTVG por un “sistema de intercambio de información” da Federación de Televisións Autonómicas.


Con todo, desde ElDiario.es apuntan a que o material emitido por ABC é idéntico ao dos arquivos da CRTVG, o que fai sospeitar unha filtración que vulnera a práctica xornalística.


A CRTVG EMITIU A INFORMACIÓN DE ABC PERO COS seus ARQUIVOS PROPIOS

“Ante estas informacións, a dirección da CRTVG reaccionou emitindo un comunicado en que negaba tal filtración, rexeitaba o uso dese material e ameazaba con accións legais a quen pretendese vincular a Corporación pública coa difusión dese previo á entrevista coa ministra”, subliña o comité. Con todo, o organismo pon en dúbida a “honestidade” do ente público, que con todo si emitiu o material publicado por ABC.


Nin sequera precisou usar a secuencia de baixa calidade empregada por ese xornal, senón que utilizou as imaxes de alta calidade custodiadas no arquivo propio”, denuncian. Por todo isto, desde o comité precisan que se trata de “unha práctica deontológicamente cuestionable que nunca se debeu producir e que merece formar parte da investigación para depurar as responsabilidades que puidese haber e impedir a reiteración destas accións no futuro”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress