A primeira xornada de folga na CRTVG interfere na programación cun seguimento de "entre 70 e 80%"

En declaracións a Galiciapress, o comité de empresa explica que "entre o 70 e o 80 por cento" dos asalariados están a parar na emisora pública galega.


|

En declaracións a Galiciapress, o comité de empresa explica que "entre o 70 e o 80 por cento" dos asalariados están a parar na emisora pública galega.



Folga crtvg san marcos tvg

Marcha de protesta na CRTVG | USO Galicia


A presidenta do Comité de Empresa engade que nalgunhas delegacións todo o persoal sumouse á folga. Raquel Lema (CUT) explica que o éxito da mobilización obrigou ao ente a suspender a programación en directo. Así, por agora "caeu o programa A Revista" e a TVG está a emitir no seu lugar contidos enlatados. Por exemplo, redifundindo un programa especial sobre a voda da filla de Amancio Ortega esta fin de semana.


Os asalariados están convocados a parar dúas horas por quendas. Así, na quenda desta mañá o paro desenvólvese entre as 12:30 e as 14:30. Está por ver como afecta isto ao Telexornal do mediodía.


Lema destaca que a folga está a ir "moi ben" a pesar duns servizos mínimos que consideran "abusivos". Uns 180 traballadores, segundo datos sindicais, aproveitou o paro para realizar unha marcha de protesta polas inmediacións e as instalacións de San Marcos.


A dirección da CRTVG non reaccionou publicamente por agora. Iso se, para o vindeiro xoves, cando está previsto un novo paro de dúas horas por quenda, convocou ao comité de folga para as dez da mañá do xoves, en principio para negociar.


Os traballadores levan meses de mobilizacións en defensa do servizo público. Tras numerosos #venresennegro, nos que visten de negro en pantalla, o Comité acelerou as protestas cun calendario que inclúe estes paros de dúas horas e culminará en una folga de 24 horas o 19 de decembro e unha manifestación en Santiago.


Os profesionais denuncian no seu convocatoria aumento da produción externa -realizada por productorasa privadas, a miúdo vinculadas a medios de comunicación- e reclaman garantías de emprego (hai uns 900 empregados cando chegaron a ser 1.200) e o fin ao uso "fraudulento" de traballadores en prácticas.  Ademais, reclaman o fin á "política represiva" tras varios expedientes a traballadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE