Os traballadores e traballadoras da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (#CRTVG) están a levar adiante unha folga indefinida cuxo motivo é a externalización dun programa: 'O Termómetro'. Este substitúe ao magazine anterior, 'A Revista' de produción propia. Ante estes feitos, o persoal adscrito á radio e TV pública galegas decidiu denunciar o que consideran actitudes contrarias ao que é un medio público e plural
Díez Fernández é directora xeral de Eurostar Mediagroup, grupo que coproduce O Termómetro, que a emisora pública emite en lugar do histórico A Revista. En declaracións a Galiciapress , o Comité denuncia que un "armazón de empresas afíns ao PP" estase quedano coa produción da TVG mentres que o ente defende a legalidade da contratación.
A CRTVG vive un novo episodio de incerteza ante o anteproxecto de lei que o goberno autonómico quere sacar adiante para a súa xestión. O temor a que as categorías profesionais desaparezan ou que o obxectivo principal, a consolidación do galego como lingua vehicular dentro dun medio de comunicación, tamén se vexa afectado. Por outra banda, non desaparece o temor a un control moito máis directo desde a presidencia autonómica
O 17 de xullo Pedro Sánchez propuxo usar o Regulamento Europeo de liberdade de medios para unha “rexeneración” nos medios de comunicación. E é que o xefe do Executivo quere frear os “desmáns” dalgúns grupos e medios que considera están a facer dano tanto á súa xestión como á súa persoa. Entre outras medidas propón que os medios sinalen a procedencia de axudas, fondos, etc., que lles permiten seguir en marcha. Moitos puxeron o berro no ceo
Cada vez que hai un problema na súa administración, Feijóo tende a usar a mesma estratexia, balóns fóra. Que non hai médicos suficientes no SERGAS ? A culpa é do Estado por non reformar as prácticas como pide a Xunta. Que a maioría dos traballadores da CRTVG secundan unha folga de 24 horas? Di que é cousa da dirección da CRTVG. E iso que tanto a emisora como o SERGAS son parte do sector público autonómico, do cal o é o máximo responsable.
Os medios públicos galegos prepáranse para algo inédito na súa historia. Os traballadores están convocados a 24 horas de folga este mércores en defensa do servizo público.
En declaracións a Galiciapress, o comité de empresa explica que "entre o 70 e o 80 por cento" dos asalariados están a parar na emisora pública galega.
Un texto de opinión asinado con pseudónimo, que insinúa que hai sabotaxes nos informativos da TVG ao fío das protestas profesionais dos "Venres Negros" , desatou unha tormenta mediática, "ameazas" incluídas.
"O pouco que o galego existe no audiovisual sería nada de non existir a RTVG", expón o presidente da Mesa, Marcos Maceira
Galiciapress asiste á presentación das traballadoras e traballadores da CRTVG e a CRTVE, que saen á rúa o 8 de setembro para esixir uns medios públicos e de calidade, en contra da manipulación informativa e a represión dunha dirección que ignora as demandas do persoal e "nega a realidade"
Toni Soler o protexido económico, di que: " toda a extrema dereita está en Cidadáns", "que a Garda Civil é unha mafia", e queda tan pancho. É dicir segue traballando en TV3.