24 horas de folga na CRTVG contra a "manipulación" do PP

Os medios públicos galegos prepáranse para algo inédito na súa historia. Os traballadores están convocados a 24 horas de folga este mércores en defensa do servizo público. 


|

Os medios públicos galegos prepáranse para algo inédito na súa historia. Os traballadores están convocados a 24 horas de folga este mércores en defensa do servizo público. 


Ademais de parar, os operarios mobilizaranse. Desde as 10 da mañá estarán a protestar diante do Parlamento de Galicia. A partir das 12 horas percorrerán as rúas do centro da capital detrás dunha pancarta que reza "non desmantelamento, manipulación, represión".



Venres en negro tvg manipulacion

Pancarta da folga na CRTVG | CUT Facebook


FALSOS RUMORES DE ACORDO

Desde a CUT, o principal sindicato do Comité Intercentros, denúnciase que a dirección tentou desmovilizar ao persoal nas últimas horas. A central desmente "radicalmente" os "rumores" dun posible acordo. De feito, parece que a última reunión prevista coa dirección non se chegou nin a celebrar.


Hai meses que o persoal protesta polo que entende unha manipulación do ente público en favor dos intereses políticos do Partido Popular. Ademais, insisten en que a CRTVG ten que potenciar a súa produción propia, no canto de alimentar cada vez máis unha rede de produtoras privadas -moitas en mans dos grupos mediáticos galegos. Actualmente, a produción propia da TVG a penas cobre os informativos en sentido estrito.


#venresennegro

Reivindicacions profesionais que conxugan con peticións laborais, como acabar co alto grao de precariedade -con departamentos como o da internet no que case só traballan bolseiros-  e poñer fin aos expedientes abertos a compañeiros nas últimas datas. 


A xornada de folga de mañá culmina meses de #venresnegros, nos que os asalariados se visten de loito para facer visible o seu malestar. Preocupación que aumenta ante os movementoss políticos no Estado, pois Vox en Andalucía xa puxo como condición para apoiar ao PP suprimir Canal Sur. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE