Feijóo, coma se a TVG non fose d Xunta: "As cuestións da CRTVG, que as conteste a CRTVG"

Cada vez que hai un problema na súa administración, Feijóo tende a usar a mesma estratexia, balóns fóra. Que non hai médicos suficientes no SERGAS ? A culpa é do Estado por non reformar as prácticas como pide a Xunta. Que a maioría dos traballadores da CRTVG secundan unha folga de 24 horas? Di que é cousa da dirección da CRTVG. E iso que tanto a emisora como o SERGAS son parte do sector público autonómico, do cal o é o máximo responsable.


|

Cada vez que hai un problema na súa administración, Feijóo tende a usar a mesma estratexia, balóns fóra. Que non hai médicos suficientes no SERGAS ? A culpa é do Estado por non reformar as prácticas como pide a XuntaQue a maioría dos traballadores da CRTVG secundan unha folga de 24 horas? Di que  é cousa da dirección da CRTVG. E iso que tanto a emisora como o SERGAS son parte do sector público autonómico, do cal o é o máximo responsable.




Concentración de traballadores da CRTVG ante o Parlamento

Protesta onte dos traballadores diante do Parlamento


Así, o presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou dar a súa opinión sobre as protestas dos medios públicos galegos, que este mércores mantiveron un paro de 24 horas, á vez que se remitiu ao propio ente para calquera pronunciamento sobre a situación. "As cuestións da CRTVG, que as conteste a CRTVG", sentenciou.


Os TRABALLADORES LEVAN MESES DENUNCIANDO A MANIPULACIÓN

Así o trasladou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, no marco dos 'venres negros' e outras protestas de traballadores da Corporación de Radio Televisión de Galicia, que se queixan de "manipulación" informativa e reclaman que se cumpra a lei que regula os medios públicos autonómicos.


"Non vou asumir a responsabilidade das cousas que se fan ou se deixan de facer. É un organismo independente, cun consello de administración ao que lle corresponde dar contas do que fai, non fai ou deixa de facer. Esa foi a miña posición sempre", dixo, antes de incidir en que tampouco se lle pide "opinión" para "contratar" ou "descontratar".


QUEN MANDA NA TVG?

En canto ás queixas pola "politización" dos medios públicos, reafirmouse en que non vai intervir "en cuestións da CRTVG" . Así, sinalou que, desde o día no que chegou a un "pacto" co PSdeG para nomear ao director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, el desentendeuse.



Crtvg feijoo sanchez esquerdo

Feijóo e Sánchez Izquierdo


"Correspóndelle a ese director, ao seu equipo e ao seu consello de administración o labor de control e de seguimento da CRTVG", trasladou. Iso a pesar de que Sánchez Izquierdo foi a persoa elixida polo PP para dirixir o ente en canto recuperaron no poder en 2019. E que no actual Consello de Administración da TVG hai maioría de vogais nomeados polo PP, como lle corresponde democraticamente por ser o máis votado, incluído un ex-membro do gabinete de prensa do PPdeG. 


POLÉMICA

Feijóo tamén evitou profundar en a polémica xurdida a semana pasada, despois de que un reporteiro gráfico preguntase, finalizada a rolda de prensa, polas protestas na CRTVG. A saída do presidente, quen replicou por toda resposta que a súa "obrigación" era contestar a "xornalistas", levantou críticas en redes sociais e por parte do Colexio de Xornalistas, que lle 'reiterou' a pregunta.


Este xoves, o presidente galego reafirmouse en que non ten "conciencia" de deixar sen resposta ningunha pregunta dun "xornalista" e remitiuse a que "sempre" contestou a todas as cuestións que se lle formularon desde que comparece, despois de reunirse co seu Goberno, desde que tomou as rendas de la Xunta en 2009.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE