A CRTVG quere que Vox e Cidadáns tamén participen no debate electoral

Fuentes das forzas de esquerda consultadas por Galiciapress mostran a súa sorpresa por unha proposta que dá espazo a dúas forzas que non teñen presenza no Parlamento. Ademais, as enquisas ata o de agora non lles dan escanos, salvo a do Español, que concede un a Vox co 4,9%. 


|

Fontes das forzas de esquerda consultadas por Galiciapress mostran a súa sorpresa por unha proposta que dá espazo a dúas forzas que non teñen presenza no Parlamento. Ademais, case todas as enquisas ata o de agora non lles dan escanos, salvo a de El Español, que concede un a Vox co 4,9%.


A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) propón un debate electoral, con motivo das eleccións autonómicas do 5 de abril, con seis formacións políticas e convida a PP, PSOE, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas, Cidadáns e Vox, co fin de que "poidan confrontar nos medios públicos as súas posicións sobre temas de máximo interese para a cidadanía".


Debate electoral na TVG nas eleccións autonu00f3micas de 2016 nunha imaxe do ente pu00fablico


Cando xusto falta un mes coa cita coas urnas, o ente público convida as formacións con representación parlamentaria no Pazo do Hórreo, o que inclúe a Galicia en Común-Anova Mareas como 'herdeira' do espazo político de En Marea, aínda que en 2016 presentouse esta marca electoral como partido político sen que figurasen as formacións políticas que o impulsaron.


Además, tamén se incluíron a Cidadáns e a Vox, que non teñen deputados no Parlamento de Galicia nin tampouco no Congreso por ningunha das circunscricións electorais galegas, pero tivéronse en conta polos seus resultados anteriores e na categoría de formacións de relevancia.

TEMÁTICAS
Se se confirma o debate, os líderes políticos debaterán sobre a situación económica xeral, a evolución do emprego nos sectores máis relevantes da Comunidade e as políticas de benestar, xunto coas súas propostas de goberno e modelo institucional no contexto actual.

O debate proposto é para horario de máxima audiencia, a partir das 21,30 horas, e poderase seguir a través da Televisión de Galicia, a Radio Galega e os medios dixitais da corporación.

A CRTVG ten reservado un amplo dispositivo de recursos humanos e técnicos para garantir a calidade e pluralidade que require un debate de máximo nivel, explica a compañía nun comunicado de prnesa.

O último debate organizado pola CRTVG no contexto das eleccións autonómicas de 2016 chegou a ser contactado por case medio millón de espectadores. O debate será accesible en lingua de signos, ademais de facilitarse sinal do evento a todos os medios interesados na súa difusión.

DOUS POSIBLES DEBATES
A Corporación de Radio Televisión Española (RTVE) tamén convidou ás principais forzas políticas a un posible debate no ente público estatal, con desconexión territorial e emisión pola canle 24 horas.

Fuentes do ente público han confirmado a Europa Press que se están preparando para este debate, que falta por concretar que se celebre se aceptan os candidatos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE