Fuentes das forzas de esquerda consultadas por Galiciapress mostran a súa sorpresa por unha proposta que dá espazo a dúas forzas que non teñen presenza no Parlamento. Ademais, as enquisas ata o de agora non lles dan escanos, salvo a do Español, que concede un a Vox co 4,9%.
Neste encontro televisivo que moderará polo presentador de 'Os Almorzos de TVE', Xabier Fortes, o día que arrinca a campaña participarán portavoces dos sete partidos con grupo propio no Congreso dos Deputados: PSOE, PP, Cidadáns, Unidas Podemos, Vox, ERC e PNV.
Os de Santiago Abascal foron vetados na anterior campaña porque non tiñan representación nas Cortes, argumento que agora non poderán esgrimir desde o PP e Cidadáns. Ao PSOE convenlle, en teoría, porque así se visulizaría mellor a ameaza do que chaman 'trifachito'. Os socialistas contan que o medo a esta alianza empuxe ao desencantado electorado de esquerdas a non castigar coas abstención.
Pedro Sánchez descartou pactar con Cidadáns tras os comicios, mentres que Albert Rivera e Pablo Casado competiron polo liderado do centrodereita.
Un recurso de JxCat, PNV e Coalición Canaria ante a JEC obriga á cadea para cambiar o formato e deixar fóra a Vox, debido a que se trata dunha forza extraparlamentaria.