O CPXG lamenta o peche da produtora de ‘Desde Galicia para o mundo’

A compañía anuncia o cesamento da súa actividade por “causas económicas”. O CPXG aproveita este caso para alertar “sobre as condicións laborais e profesionais nas súas subcontratas”.


|

A compañía anuncia o cesamento da súa actividade por “causas económicas”. O CPXG aproveita este caso para alertar “sobre as condicións laborais e profesionais nas súas subcontratas”.



Galicia Para o mundo

Imaxe do programa 'Desde Galicia para o mundo'


A produtora audiovisual ‘Pórtico’ anunciou o cesamento da súa actividade profesional e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamentan o ERE de extinción dunha empresa “con máis de 20 anos de historia” e responsable de coñecidos programas como ‘Desde Galicia para o mundo’. Para o CPXG isto supón “unha mala noticia para o ecosistema informativo galego e para o conxunto da profesión”.


A produtora sinala a “causas económicas” e a dependencia do capital público como culpables do despedimento dos traballadores e o posterior peche da compañía. Desde o CPXG tamén advirten que nos últimos meses a situación da produtora era insustentable, con casos como o dunha traballadora que, despois de regresar de baixa por maternidade, tivo que realizar “labores de trascripción”, algo que se atopaba “por baixo da súa capacidade profesional”, tal e como se recollía na sentenza na que se obrigaba a indemnizala.


“Lamentablemente prácticas como estas non son estrañas en o ámbito da comunicación”, comentan desde o CPXG. O colexio tamén chama a reflexionar sobre o “grao de vixilancia” que os medios deben exercer “sobre as condicións laborais e profesionais nas súas subcontratas”. “O CPXG solicita aos medios galegos a implantación de medidas de control que impidan nas subcontratas as malas prácticas laborais que son incompatibles co desenvolvemento dun xornalismo libre, plural e ético”, reza o final do comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE