David Van Bylen repite no Festival Jaleo! cunha sesión vermut como antesala da II Edición
Unha sesión a partir das 12:30 horas en 'Ou Embora' será o aperitivo ideal para o festival.
En menos de dúas semanas abriranse as portas do Multiusos Fontes do Sar para celebrar a II Edición do Festival Jaleo!, que abre a tempada festivalera en Galicia. Na súa estrea en 2025 os asistentes acabaron co corazón cheo e os pés cansos, en parte polos ritmos que marcaba o pica, David Van Bylen, encargado de non permitir que decaese a festa desde o principio até o final do festival. Parece que o cántabro quedou namorado desta experiencia, pois repetirá este 2026 na capital galega.
PARA ABRIR BOCA
O DJ será o protagonista do 'Jaleo! Preparty x Vibra Mahou' o mesmo 11 de abril, antesala da festa grande que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar. A súa sesión servirá para abrir boca e que os máis madrugadores poidan ir collendo ritmo antes da apertura de portas no recinto santiagués.
A "preparty" terá lugar entre as 12:30 e as 16:00 horas en 'Ou Embora', localizado na Rúa de Tras San Fiz de Solovio, nunha clara chamada a celebrar o inicio da primavera en Compostela, con este artista multidisciplinar, porque aínda que o afacemos a ver detrás da mesa de mesturas trátase dun cantante, compositor, produtor e remesturador de altura.
A entrada será gratis até completar aforamento e Van Bylen promete non deixar de lado ningún xénero: do pop á electrónica, pasando polo disco, o hip hop, o rock ou o funk. Este será o aperitivo ideal para tomar impulso e lanzarnos á piscina do Jaleo!, que este ano trae á cidade a Xoel López, Ultraligera, De Ninghures, Señora DJ, Ojete Calor e Sidonie.
Para regresar ao Fontes do Sar xa quedan moi poucas follas que arrincar do calendario, case as mesmas que entradas en despacho de billetes dun festival que proxecta colgar, un ano máis, o cartel de 'Sold Out', confirmar como unha cita ineludible para todo bo festivalero.
Escribe o teu comentario