A Xunta blinda a biblioteca de Pardo Bazán coa apertura do expediente para declarala BIC

O inicio do procedemento, como recolle o DOG, afecta a uns 11.000 volumes, dos que case 3.000 están en Meirás

|

O DOG recolle este mércores a "protección inmediata" de case 11.000 libros que pertencían á colección privada da escritora.


Segundo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, este anuncio garante a protección da biblioteca, así como dos futuros volumes que se puidesen autenticar como parte da biblioteca. 


Sede da RAG e Museo Emilia Pardo Bazán


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o expediente de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, o que supón, segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a "protección inmediata" dun total de 10.855 volumes pertencentes á colección da escritora.

En concreto, establécese ordenar que se anote esta incoación de forma preventiva no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e que se lle comunique ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

Tamén aplicar de forma "inmediata e provisional" o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia, para os bens de interese cultural e para os bens mobles en particular.

O expediente deberá resolverse no prazo máximo de 24 meses, desde a data desta resolución, con publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Ademais, abrirase un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, co fin de que as persoas poidan alegar o que consideren conveniente, segundo recolle o DOG.


MÁIS DE 10.000 VOLUMES

En relación a esta declaración, o pasado 6 de novembro a Real Academia Galega (RAG) presentou a documentación para solicitar a declaración como Ben de Interese Cultural da biblioteca de Emilia Pardo Bazán.

A declaración como BIC afectará a un total de 10.855 libros, dos cales 7.883 están custodiados na sede da RAG, mentres que 2.972 continúan no interior das Torres de Meirás. Con todo, inclúe a posibilidade de que a este número poidan sumarse outros volumes que, segundo a documentación da RAG, poderían estar actualmente en "localizacións descoñecidas".

Desta maneira, segundo precisa a Consellería de Cultura, "se nalgún momento aparecese un libro non identificado e constatásese a súa pertenza, estaría automaticamente protexido".

Sobre este procedemento, a Consellería subliña que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán "reúne as características do patrimonio bibliográfico e un carácter singular pola figura á que está ligada".

Así mesmo, precisa que "o seu carácter disperso na actualidade e as súas características referidas aconsellan, así mesmo, a aplicación do réxime de protección establecido para os bens de interéscultural".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE