​Asociación de médicos demanda que a TVG interrompa a súa emisión periodicamente para informar sobre o coronavirus

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia solicita que se aplique esta medida para manter informada á poboación galega. 


|

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia solicita que se aplique esta medida para manter informada á poboación galega.


Crtvg. Entrevista Tvg Román Rodríguez Conselleiro De Cultura E Turismo + Foto

Programa da TVG


A falta de información ou a desinformación que vén ligada á crise sanitaria provocada polo coronavirus é un dos problemas derivados do constante bombardeo de información que os medios de comunicación vémonos obrigados a xestionar nestes días de actualización constante de cifras.


Ante isto, a Asociación de Médicos Interinos de Galicia pide ao SERGAS que interveña de forma conxunta coa CRTVG para que a información de actualidade en torno ao coronavirus en Galicia, onde xa hai máis dunha vintena de pacientes diagnosticados, chegue á cidadanía de forma periódica e a través das canles oficiais e públicas da Radio Galega e a Televisión de Galicia.


“ASMIG require ao SERGAS para que interveña a compañía CRTVG e proceda a interromper a programación de forma periódica para transmitir á poboación información básica para detectar e diferenciar brotes de gripe e catarro común desta nova ameaza para a saúde pública”, comenta a asociación por medio dun comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE