coronavirus

Covid Galicia: Os hospitalizados en planta poderían empezar a caer esta mesma semana confirmado o pìco

Agora mesmo, case o único índice moi fiable que nos queda é a evolución da curva de hospitalizados en planta. É evidente que non chegou a un pico. Agora ben, se analizamos a súa derivada, que nos mide a velocidade de cambio deste índice en termos porcentuais, vemos que baixou en catro do últimos cinco días. Isto dános esperanzas de que o ascenso de hospitalizados estea xa decelerando.

Covid Galicia: sen indicios de pico de contagios mentres as hospitalizacións seguen crecendo


Hai poucos países europeos que rexistrasen un pico claro de contagios tras o impacto de Ómicron. Un dos poucos é onde primeiro golpeou, o Reino Unido, onde o pico da incidencia semanal tardou un mes, aproximadamente. en alcanzarse. En Galicia, a incidencia semanal empezou a estalar en torno ao 23 de decembro. Así que sería raro alcanzar un pico nos próximos días, pero se parece factible alcanzalo antes de que termine xaneiro.

A Xunta borra dunha plumada o 32% dos casos activos covid e non hai ningún indicio de pico


O enésimo cambio da Xunta e o Estado na forma de medir a pandemia e publicar os datos desbarata hoxe moitas das estatísticas. Isto explica, por exemplo, porqué hoxe os casos activos caen en 16.825. 

O pico de contaxios será a próxima semana e o de casos a seguinte, apuntan as cifras do covid en Galicia

O problema é que o polémico cambio de estratexia da Xunta e do Estado -non facendo PCR a quen non teña síntomas se non é dun colectivo especial- distorsiona os datos. Do que non hai dúbida é que o colapso en Atención Primaria non se pode descartar nos hospitais, con 33 hospitalizados máis en dous días, aínda que hai marxe para evitalo. 

​As ANPAS galegas preocupadas por como cubrirá a Xunta as moitas baixas de profesores con Covid-19

A sexta onda está a ter unha especial afectación entre os mozos, con taxas de incidencia superiores á poboación xeral. A pesar de todo, e a unhas cifras en constante crecemento, os colexios reabrirán as súas portas o próximo 10 de xaneiro, con moitas incógnitas no aire a pesar da decisión adoptada polo Goberno de España e a Xunta de Galicia. Galiciapress charla con Fernando Lacaci, presidente da Confederación de ANPAS Galegas, que traslada o temor de moitos pais nesta sexta onda: en que condicións volverán os máis pequenos ao colexio con estas cifras de contagios?


A ómicron xa representa un de cada catro ingresados por Covid-19 nos hospitais galegos, indica o SERGAS
O 26% das persoas hospitalizadas en Galicia está infectada coa variante ómicron do covid-19, unha porcentaxe que descende ao 11,36% nos ingresados nas unidades de coidados intenstivos.


Os contactos vacinados de positivos covid deben ir traballar ou a clase e pídenlles non socializar

Ómicron puxo patas para arriba o débil sistema de rastrexo en Galicia e en España. Cos novos protocolos, detallados hoxe polo SERGAS, as administracións renuncian a conter a onda e céntranse en protexer a saúde só dos máis vulnerables e a economía.

Dous anos de pandemia

Un apuntamento máis: si, a nivel mundial, a escaseza de vacinas está a ser a causa principal da prolongación da pandemia o diferente estado de servizos públicos de benestar fundamentais, como, moi especialmente a atención sanitaria, tamén está a favorecer que a pandemia compacte de forma moi dispar nos distintos estados e comunidades occidentais con maiores problemas naqueles que os teñen máis deficitarios.

Médicos e enfermeiros xubilados chamados a traballar pola Xunta pola "grave situación" da covid en Galicia




O Xerente do SERGAS acaba de asinar unha Instrución  para a "incorporación de persoal médico e enfermeiro xubilado para realizar tarefas dirixidas contra a loita a covid-19". Neste documento interno, ao que tivo acceso Galiciapress e que se pode consultar ao final desta noticia, José Flores admite que a situación da pandemia é "grave" dado que "a taxa de incidencia de casos segue aumentando".

A Atención Primaria de Galicia camiña cara ao colapso ante case 5.000 casos novos de covid diarios


Nos hospitais a situación empeora, aínda que menos mal que máis amodo. Iso si, a enorme cantidade de novos casos simultáneos xa colapsou moitos centros de saúde e puiden acabar colapsando os hospitais en xaneiro, aínda que a taxa de hospitalización segue baixando grazas ás vacinas e a menor severidade de Ómicron.

O peor de Ómicron aínda está por chegar pois crece pero aínda é minoritaria tanto en Galicia como en España

Son malas noticias, porque parece que o forte alza de positivos en Galicia non se explica, polo menos non primordialmente por agora, por Ómicron. Esta cepa é máis contaxiosa e pronto será dominante no país, como xa sucede noutras zonas de Europa. 

Santiago (+48%) e Lugo (+28%) son as urbes onde máis soben e Ourense (-14%) onde máis caen os positivos covid semanais

O novo mapa de calor da razón de taxas que hoxe estrea Galiciapress confirma que a provincia Ourense mellora con varios municipios en verde, capital incluída. Ademais, o verde -que implica que a tendencia semanal dos positivos é á baixa- empeza a asomar polas comarcas como Vigo e O Morrazo.

Europa aproba a primeira vacina covid coproducida en Galicia e España, a de Novavax, que se conserva en neveira


É un anuncio histórico para Galicia e España, pois o antígeno do preparado leva meses producíndose en Biofabri, do grupo Zendal, no Porriño.

Covid concellos Galicia: Santiago (+38) é a cidade que máis está a empeorar e Ourense segue en franca melloría (-61)


  • BRION +10
  • ESTRADA A +10
  • MOAÑA +10
  • ROSAL +10
  • RIBEIRA +11
  • TUI +12
  • AMES +16
  • GONDOMAR +17
  • CANGAS +19
  • BAIONA +20
  • LUGO +35
  • PONTEVEDRA +36
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA +38
  • VIGO +69 
Covid municipios: forte alza en Santiago (+56 no seu cómputo semanal) e relevante descenso en Vigo (-25)
  • AMES +9
  • NOIA +9
  • TEO +9
  • LUGO +9
  • OURENSE +9
  • LALIN +9
  • NIGRAN +9
  • BARCO DE VALDEORRAS  +10
  • CAMBRE +11
  • CORUÑA (A) +14
  • OLEIROS +17
  • PONTEVEDRA +52
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA +56 
Médicos do brote covid denuncian que puideron contaxiarse no propio Hospital de Santiago e non na cea

 "As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias"

Os positivos son o triplo agora que o ano pasado pero as hospitalizacións covid caen un 24%

Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,20 , por tanto na última semana houbo un  20% de positivos máis que na penúltima.   Non son boas noticias.

Non haberá máis restricións covid en Galicia polo Nadal con esta evolución, adianta a Xunta


A decisión final tomaraa, en teoría, o comité do luns, pero o presidente acábase de mostrar contrario a máis limitacións.

30 brotes escolares son "casos destacados" de covid nas aulas, incluídos o CEIP Luís Seoane de Oleiros e o CEIP de Prácticas de Ourense

Lista de centros con 15 ou máis casos activos -o que a Xunta chama "casos destacados- no interior. Hai que lembrar que oficialmente hai un brote de coronavirus con 3 ou máis casos relacionados.

A cepa covid Ómicron salta xa en máis do 30% das análises en Galicia e hai 6 sospeitosos en Santiago

O 33% das análises de ADN a positivos de covid en Galicia na primeira semana de decembro detectaron a liñaxe BA.1, a cepa Ómicron do covid-19. Así figura nos datos de COVIDTAG, o proxecto de IrsiCaixa que, tirando de datos oficiais, publica a frecuencia de cada variante en cada autonomía.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE