Médicos e enfermeiros xubilados chamados a traballar pola Xunta pola "grave situación" da covid en Galicia
O Xerente do SERGAS acaba de asinar unha Instrución para a "incorporación de persoal médico e enfermeiro xubilado para realizar tarefas dirixidas contra a loita a covid-19". Neste documento interno, ao que tivo acceso Galiciapress e que se pode consultar ao final desta noticia, José Flores admite que a situación da pandemia é "grave" dado que "a taxa de incidencia de casos segue aumentando".
O Xerente do SERGAS acaba de asinar unha Instrución para a "incorporación de persoal médico e enfermeiro xubilado para realizar tarefas dirixidas contra a loita a covid-19".
Neste documento interno, ao que tivo acceso Galiciapress e que se pode consultar ao final desta noticia, José Flores admite que a situación da pandemia é "grave" dado que "a taxa de incidencia de casos segue aumentando".
Captura da instrución 22/21 do SERGAS
Segundo os últimos datos oficiais, a incidencia a 14 días supera os 1.000 puntos. É dicir, 1 de cada 100 galegos deu positivo por PCR nas dúas últimas semanas.
A pesar desta explosión de contagios, a Xunta non estableceu nin restricións duras, salvo para o lecer nocturno, nin ha reinstalado a emerxencia sanitaria, que finiquitó en outubro.
Iso si, regula a reincoporación de sanitarios xubilados, o que implica certo grao de recoñecemento da situación de colapso que xa empezan a vivir moitos Centros de Saúde.
A Atención Primase está a ser a máis golpeada por Ómicron, debido a que a menor virulencia e gran taxa de vacinación están a conter os ingresos nos hospitais e desviando a presión aos ambulatorios. Miles de galegos teñen que falar os seus médicos de familia para abordar síntomas do virus, detalles do confinamento ou baixas laborais.
PODERÁN TRABALLAR EN CALQUERA POSTO
A instrución 22/21 do SERGAS lembra que os galenos e enfermeiros poderán cobrar a súa xubilación coa "incorporación ao servizo activo para prestar servizos en tarefas dirixidas á loita contra a covid-19". A Xunta indica que a situación fai necesario "impulsar" a súa "incorporación na medida que sexa precisa". É dicir, non hai cota máxima de médicos a repescar.
Inicialmente, a Xunta ofertará traballos para médicos e enfermeiros que leven menos tres anos retirados e sexan menores de 70 anos. Iso si, é posible que mesmo se acepte a volta de profesionais maiores.
Poderán traballar a tempo completo ou parcial, nas tarefas que viñan realizando ou noutras diferentes. A prioridade é que atendan os trámites de solicitude de incapacidade temporal e de petición de PCR, que son precisamente dúas das tarefas que están a saturar aos médicos de familia.
Galiciapress contactou coa Consellería de Sanidade para que puidese detallar o seu punto de vista sobre esta medida de urxencia, pero a Xunta optou por non realizar declaracións por agora.
Escribe o teu comentario