A ómicron xa representa un de cada catro ingresados por Covid-19 nos hospitais galegos, indica o SERGAS
Sanidade ofrece cifras dos últimos ingresos en Galicia, onde a ómicron ábrese paso aos poucos, ata representar o 26% dos casos nas áreas destinadas nos hospitais á atención dos enfermos de coronavirus.
Esta cifra desciente nas UCI galegas ata representar a ómicron pouco máis que un de cada dez ingresos.
Foto: EP
O 26% das persoas hospitalizadas en Galicia está infectada coa variante ómicron do covid-19, unha porcentaxe que descende ao 11,36% nos ingresados nas unidades de coidados intenstivos.
Así figura nas cifras ofrecidas este mércores pola Consellería de Sanidade relativos á monitoraxe dos casos de coronavirus que supoñen o ingreso nos hospitais da rede pública.
Deste xeito, o 26,38% de casos covid de ingresados ten unha infección compatible coa variante ómicron, mentres que nas UCIs a porcentaxe baixa ata o 11,36%.
O Sergas lembra que analiza as infeccións de cada unha das persoas que ingresan nos hospitais galegos para monitorar de que variante do virus Sars-Cov-2 trátase e así poder facer un seguimento "específico" á evolución de cada cepa.
Escribe o teu comentario