A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas de hoxe móstranos unha franca melloría no eixo atlántico, con algunhas excepcións puntuais, sobre todo na provincia da Coruña e, máis concretamente, na área sanitaria de Santiago.
Por que os adolescentes lideran os datos de positivos cando xa están vacinados e sofren menos síntomas? A hipótese máis plausible é que as aulas están a ser un motor de contagios. Algo que corrobora o feito de que o segundo grupo con máis incidencia son os nenos menores de 11.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que os niveis de transmisión seguen sendo enormes en case todo o país a pesar de que a tendencia a nivel galego hai tempo que é á baixa. Unicamente o suroeste de Ourense e algunhas zonas montañosos de Lugo e Pontevedra conseguiron baixar de 250 casos por 100.000 habitantes, o peor nivel da escala.
Por vez primeira nesta onda, Galicia encadea catro días seguidos na que os seus hospitalizados en planta caen. Clara confirmación de que alcanzamos o pico.
A Xunta multou a DomusVi por falta de enfermeiras na súa residencia de Ribadumia, segundo confirmaron a Galiciapress fontes oficiais da Consellería de Política Social.
Familiares denuncian que hai un gran brote de covid-19 na residencia e piden a súa intervención. Política Social asegura que só hai un positivo. Un residente morreu recentemente con coronavirus.
Os casos activos de covid-19 volven subir e fano de maneira notable, con case 1.500 enfermos máis nun só día. Non subían tanto desde hai dúas semanas. Isto contribúe a que esteamos a piques de volver ver a soportar máis e máis enfermos desde un punto de vista semanal, que é o fiable.
A sociedade non demanda máis restricións, ao contrario. Iso a pesar de que a cifra de falecemento de persoas con covid é elevada. No último mes faleceron 168 galegos con covid, o que dá unha media de 5,6 mortes ao día. Non morrían tantas persoas desde o febreiro pasado, a pesar da enorme eficacia das vacinas contra os casos graves.
Os datos do covid de hoxe en Galicia son outra vez moi preocupantes. Tras conquistar un pico hai varias semanas e empezar un leve descenso, agora consolídase un cambio de tendencia a peor.
Os 6.035 novos casos abertos comunicados hoxe confirman as malas noticias dos últimos días. A incidencia semanal encadea tres días de ascenso poñendo en cuestión a sensación de conquistar un pico fai dez días.
Só hai dous concellos sen positivos na última semana, Muras e Vilariño. Outros catro (O Irixo, Vilasantar, Ribeira de Piquín e As Nogais) completan o exiguo grupo de concellos que non chegan ao peor nivel de incidencia posible segundo o semáforo oficial; risco moi alto, que comeza en 250 positivos por cada 100.000 habitantes.
Os 6.649 novos casos abertos comunicados hoxe apuntan a que empeza unha fase de baixada de contagios moi lenta. Os casos activos aínda seguen subindo o que indica que a presión sobre a desbordada Atención Primaria aínda aumentará polo menos durante unhas semanas, no mellor dos casos.
Moitos centros de saúde de Galicia están colapsados. Para mostra un botón. Esta axenda do mércores dun médico de familia do SERGAS, que empeza a xornada con 84 consultas programadas e terminouna atendendo a 103 pacientes. Se traballase só 8 horas, tería que despachar a cada enfermo en menos de 5 minutos.
Os geriatricos galegos experimentan un repunte nesta sexta onda, tal e como notifica a información publicada hoxe pola Xunta na súa actualización semanal.