Covid municipios: a tendencia semanal aínda é á alza nas cidades, a peor en Pontevedra e A Coruña


Muras, Ribeira de Piquín, Vilasantar, As Nogais, A Teixeira son os únicos concellos por baixo de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana. A Texeira, Ribeira de Piquín e Muras son os únicos que non detectaron ningún caso en 7 días. 


|


O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que pese ao pico de contagios semanais en Galicia aínda queda moito, moitísimo, para que os niveis de circulación do virus non sexan excepcionalmente altos. Muras, Ribeira de Piquín, Vilasantar, As Nogais, A Teixeira son os únicos concellos por baixo de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana. A Texeira, Ribeira de Piquín e Muras son os únicos que non detectaron ningún caso en 7 días. 



A nivel de tendencias, o mapa de calor elaborada con  a razón de taxas indícanos que, en termos xerais, a melloría empeza a acelerar primeiro nas zonas rurais, como era de esperar. Aínda non hai ningunha cidade cunha tendencia semanal á baixa, aínda que Ferrol, Ourense e Lugo non están lonxe de conseguilo.

Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 






Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a sumar menos de 10 á semana.  


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,08%; o que quere dicir que na última semana houbo un  8% máis de positivos que na penúltima


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciada é a melloría semanal. Por exemplo, en Cariño ten o verde máis escuro pois sun positivos caeron un 50% nunha semana dentro dunha comarca Ortegal, que é das poucas que xa  está a mellorar.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior  a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que as cidades con peores tendencias semanais son A Coruña e Pontevedra.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en  branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, As Pontes de García Rodríguez.


En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo hoxe case todos os da Raia Seca, a fronteira de Portugal con Ourense. 





VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal  respecto a ese cómputo onte:

  • VIGO -163
  • CORUÑA (A) -89
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA -81
  • LUGO -78
  • OLEIROS -49
  • FERROL -41
  • PORRIÑO (Ou) -35
  • SADA -29
  • MOAÑA -27
  • PONTEVEDRA -27
  • SARRIA -26
  • CARBALLO -24
  • RIBEIRA -23
  • BARCO DE VALDEORRAS (Ou) -23
  • VIVEIRO -22
  • CAMARIÑAS -21
  • SANXENXO -19
  • AMES -18
  • BETANZOS -18
  • XINZO DE LIMIA -18
  • BAIONA -18
  • CANGAS -18



Municipios que máis soben hoxe o seu cómputo diario respecto a ese cómputo onte: 


  • BOIRO +7
  • BARBADAS +7
  • BIRLO (Ou) +7
  • COLES +7
  • PONCHE-CALDELAS +8
  • ALLARIZ +9
  • RIBADUMIA +9
  • MONDOÑEDO +11
  • GARDA (A) +11
  • ABEGONDO +12
  • ARZUA +13
  • PONTEAREAS +14
  • VALADOURO (Ou) +16
  • OURENSE +19

 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos é ascendente, aínda que este ascenso vai perdendo forza. En termos xerais, esta traxectoria é a mesma en todos os distritos, sendo os de Ferrol e Ourense os primeiros que están aplanando as súas curvas.





POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA  HOXE 


Os novos contagios de Covid-19 volven aumentar en Galicia tras un par de xornadas en descenso ata os 6.619, que supoñen uns 1.900 máis, mentres que os casos activos soben aos 75.961 --uns 2.200 máis que o día anterior--. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben a 608 --seis máis-- e a taxa de positividade increméntase lixeiramente a un 18,7 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, aumentan a 55 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas máis-- e a 553 as hospitalizadas noutras unidades --catro máis--, mentres que 75.353 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había un centenar de ingresados menos (508). 




Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres: Ourense, Lugo e Santiago-Barbanza; mentres que aumenta nas outras catro: Vigo, A Coruña-Cee, Ferrol e Pontevedra-O Salnés.

Así, na de Ourense seguen sete paciente Covid en UCI e descenden a 77 os ingresados noutras unidades --sete menos--; mentres que na de Lugo descenden a cinco o críticos --un menos-- e a 49 os hospitalizados noutras unidades --catro menos--.

Na área de Santiago e Barbanza aínda que aumentan a oito os pacientes Covid en UCI --dúas máis--, descenden a 83 os ingresados noutras unidades --tres menos--.

Polo seu lado, na área da Coruña e Cee aumentan a 14 o críticos --un máis-- e a 136 os ingresados noutras unidades --catro máis--; mentres que na de Vigo seguen 10 en UCI e soben a 100 os doutras unidades --oito máis--.

Nas áreas de Ferrol e Pontevedra-O Salnés seguen sen cambios en UCI, con catro e sete hospitalizados, respectivamente, mentres que aumentan a 34 --cinco máis-- e 74 --un máis-- os ingresados noutras unidades. 

5sf2J evoluci n positivos covid concellos galicia  (1)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE