O peor nivel posible de transmisión covid aínda domina toda Galicia salvo seis municipios


Só hai dous concellos sen positivos na última semana, Muras e Vilariño. Outros catro (O Irixo, Vilasantar, Ribeira de Piquín e As Nogais) completan o exiguo grupo de concellos que non chegan ao peor nivel de incidencia posible segundo o semáforo oficial; risco moi alto, que comeza en 250 positivos por cada 100.000 habitantes. 


|

WeJbD incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia


O mapa de incidencia semanal de covid por municipios segue negro como o carbón a pesar de que a incidencia semanal de Galicia leva xa varias xornadas á baixa.


Só hai dous concellos sen positivos na última semana, Muras e Vilariño. Outros catro (O Irixo, Vilasantar, Ribeira de Piquín e As Nogais) completan o exiguo grupo de concellos que non chegan ao peor nivel de incidencia posible segundo o semáforo oficial; risco moi alto, que comeza en 250 positivos por cada 100.000 habitantes. 


A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas indícanos que no rural máis despoblado de Lugo e Ourense é frecuente atopar municipios en verde -que están a reducir os seus cómputos semanais- ou en gris -que xa teñen menos de 10 casos á semana. Pola contra, na Galicia urbana segue dominando o vermello, o que quere dicir que, desde unha perspectiva semanal, aínda non houbo pico nas cidades, aínda que a maioría dos datos diarios das cidades levan xa varias xornadas á baixa.


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a sumar menos de 10 á semana.  


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,02; o que quere dicir que na última semana houbo un  2% máis de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, o que mellor comportamento semanal ten é Rubiá, onde os positivos caeron un 55% nunha semana.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior  a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que a cidade que máis está a empeorar semanalmente é Vigo, cun aumento dos seus positivos do 30% e a que menos Ourense cun aumento do 12%.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en  branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe Friol, Paderne de Allariz e Xermade.


En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo case todos dos fronteirizos con Asturias e León.





VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal  respecto a ese cómputo onte:


  • VIGO -274
  • LUGO -136
  • CORUÑA (A) -135
  • FERROL -117
  • OURENSE -115
  • PONTEVEDRA -83
  • CANGAS -63
  • OLEIROS -61
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA -52
  • BOIRO -49
  • VILAGARCIA DE AROUSA -49 



Municipios que máis soben hoxe o seu cómputo diario respecto a ese cómputo onte: 


  • LAXE 8
  • VILA DE CRUCES 8
  • VALGA 9
  • CHANTADA 10
  • BETANZOS 11
  • MARIN 11
  • VILABOA 11
  • VILANOVA DE AROUSA 12
  • PADRON 17



 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos é aínda á alza, aínda que se intúe un aplanamiento da curva que nos indica que un pico debe estar próximo. A nivel de distritos sanitarios, a tendencia tamén é á alza en case todos. As excepcións son Ferrol e Ourense, cuxas curvas de cassos activos levan xa unha semana practicamente planas. 




POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA  HOXE 




GZFbz evoluci n positivos covid concellos galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE