A incidencia semanal cae por segundo día seguido confirmando o pico de covid en Galicia

Os 6.627 novos casos abertos comunicados hoxe son bastantes máis que os das dúas previas xornadas, algo habitual os mércores tras o parón da fin de semana que se nota nas cifras de luns e martes. O importante é que a incidencia semanal encadea xa dous días á baixa.



|


KqL4q  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (1)



Os 6.627 novos casos abertos comunicados hoxe son bastantes máis que os das dúas previas xornadas, algo habitual os mércores tras o parón da fin de semana que se nota nas cifras de luns e martes. O importante é que a incidencia semanal encadea xa dous días á baixa.


O aumento dos hospitalizados en planta é pequeno (+5) e a velocidade de incremento de ingresados leva cinco días decelerando. Outro sinal de que estamos preto ou atravesando xa o pico de contagios e que o pico de hospitalizacións non debería estar lonxe.


 



incidencia acumulada semanal  baixa 42 puntos ata 1.695 positivos por cada 100.000 galegos. De acordo a o novo semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice segue no peor dos niveis posibles, risco moi alto. As boas noticias é que son xa dúas xornadas seguidas na que baixa este índice. A mala é que lle falta muchísmo antes de deixar o risco moi alto, pois hai que reducir a incidencia ata 250.





incidencia acumulada a 14 días aínda crece, hoxe 53 puntos hata 3.128, récord absoluto. .  Continuamos en risco moi alto e aínda falta para que este marcador empece a baixar, o que confirmaría case de certo a conquista do pico da onda.


O dobre da incidencia a 7 días  é moito maior que a incidencia a 14 días.Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,08 , por tanto na última semana houbo un  8% de positivos más que na penúltima. Cuarto día que descende este índice, que funciona como velocímetro dos positivos. En canto chegue a 1, significará que xa non crecen. A este ritmo, isto podería suceder esta mesma semana.


A taxa de positividade das PCR onte foi de o   18% . Un pésimo resultado pero que axuda a baixar un pouquiño a media semanal, do 21% ao 20%.  A media semanal  neste indicador tamén está en risco moi alto, a pesar de seis días seguidos de descenso.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 3,08%.  Isto axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, caendo ata 0,46%. Isto significaría que estamos a case nada de dobrar a curva de casos activos. Desgraciadamente, isto é unha ilusión, produto dos 16.000 casos activos que o SERGAS comunicou o pasado xoves debido ao cambio de protocolo. Ata o venres desta semana, este índice non é fiable.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +2.273 . O total é de  casos activos é de  75.961 . 


Xa que non podemos fiarnos da curva de casos activos, analicemos a derivada da curva de hospitalizados para saber que rumbo está a tomar a pandemia. 





Os hospitalizados aumentaron hoxe un 0,73% e a media semanal- que é o verdadeiramente importante, está no 2,9%. A tendencia con todo é á baixa, o que nos indicaría que o pico de hospitalizados aproxímase.


DATOS POR ÁREAS

Vigo (1.856) e  A Coruña (1.294) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. Santiago tamén está por encima dos 1.000 casos abertos nun só día.  A ocupación das UCI segue controlada, oscilando no rango entre 50 e 60. 



Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A onda está a alcanzar por fin o seu pico de transmisión, ou o alcanzou xa. 
  • Os niveis de contagios seguen sendo, en todo caso, enormemente altos, nunca vistos.
  • O pico de hospitalizacións debería producirse antes de fin de mes. Non é probable que supere os 700-800 hospitalizados en planta, polo que o SERGAS lograría esquivar o colapso dos hospitais.
  • As UCIs non colapsarán. Hai xa semanas que o total de pacietnes críticos non crece significativamente, grazas ás vacinas e á menor virulencia de Ómicron.
  • O colapso está a producirse na Atención Primaria de moitos Centros de Saúde, polos miles de novos casos que cargan as axendas de médicos de familia e enfermería. No mellor dos casos, este nivel de sobrecarga aínda durará varias semanas despois do pico de contagios.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE