Récord casos activos de covid en Galicia a pesar das 26.000 altas repentinas do pasado xoves
Os 6.649 novos casos abertos comunicados hoxe apuntan a que empeza unha fase de baixada de contagios moi lenta. Os casos activos aínda seguen subindo o que indica que a presión sobre a desbordada Atención Primaria aínda aumentará polo menos durante unhas semanas, no mellor dos casos.
Os 6.649 novos casos abertos comunicados hoxe apuntan a que empeza unha fase de baixada de contagios moi lenta.
Os casos activos aínda seguen subindo, o que implica que a presión sobre a desbordada Atención Primaria aínda aumentará polo menos durante unhas semanas, no mellor dos casos.
Os hospitalizados continúan crecendo desde unha perspectiva semanal, a pesar do -14 de hoxe. Agora ben, este crecemento semanal segue perdendo fol, o que confirma que estamos a chegar ao pico tamén de hospitalizacións.
A incidencia acumulada semanal cae por terceira xornada seguida . De acordo a o novo semáforo covid aprobado polo Ministerio, este índice segue en risco moi alto.
A incidencia acumulada a 14 días aínda crece e alcanza un novo récord, 3.197 de cada 100.000 galegos deu positivo nos últimas dúas semanas. Continuaremos en risco moi alto e falta muchísmo para saír del, pois habería que baixar de 500.
O dobre da incidencia a 7 días case é igual á incidencia a 14 días. pois que na última semana houbo máis ou menos os positivos que na anterior. Canto en concreto? A razón de taxas é de 1,02, por tanto na última semana houbo un 2% de positivos más que na penúltima. Tras seis días de descenso deste índice, estamos a un pasito de que, por fin, baixar de 1 e que a tendencia semanal sexa de freada.
A taxa de positividade onte foi de o 19%, a peor no últimos tres días. Con todo, a media semanal encadea case unha semana á baixa, moi amodo, pero á baixa, situándose no 19,9% . A media semanal neste indicador continúa en todo caso tamén en risco moi alto.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS E HOSPITALIZADOS
O total de infectados ascende hoxe un 1,68%. A media móbil a 7 días, que debería ser o índice máis significativo, non o é porque inclúe os datos do pasado xoves, cando houbo un descenso artificial de 16.000 casos provocado por un cambio metodolóxico do SERGAS.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de + 1.275. O total é de casos activos é de 77.236, que é o récord absoluto, superando os 76.000 que había cando a Xunta cambiou de método hai unha semana.
Como estas aberracións estatísticas fan que a serie de casos activos non resulte fiable, recorremos á serie de hospitalizados en planta para ver que rumbo está a tomar a pandemia.
A tendencia semanal -que é a importante- segue sendo á alza, pero vemos ese crecemento perde gas a cada día que pasa. O xoves pasado era de +5,1% e agora caeu ata +2,4%. É de esperar que nunha semana baixe de 0, o que implicará que a cada día que pase tenderá a haber menos e menos hospitalizados.
DATOS POR ÁREAS
Vigo (1,785) e A Coruña (1.326) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. Só A Coruña ten máis de 10 pacientes críticos (12) e máis de 100 hospitalizados en planta (140).
Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.
ANÁLISE
Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:
- Esta onda da pandemia alcanzou un pico de tranmisión ou está a piques de alcanzalo.
- A nova estratexia de mitigación provoca que moitísimos casos sospeitosos non se lles realice ningunha proba. O nivel contagios é probablemente moi superior ao que marcan as estatísticas.
- Con todo, a derivada da curva de hospitalizados indícanos que é cuestión de días antes de que a cantidade de hospitalizados toque teito. Non o faría se non tocase teito antes a curva de contagios.
- As UCIS e as plantas dos hospitais parecen fóra de perigo, non colapsarán, salvo un brusco cambio de tendencia.
- Outra cousa é Atención Primaria, que xa está colapsada en muchísmos centros de saúde. Será imposible aliviar a súa situación ata varias semanas despois de que baixen os casos activos. Con sorte, isto será a principios de febreiro.
Escribe o teu comentario