5 enfermos a atender en dez minutos, así é a axenda dun médico de familia do SERGAS
Moitos centros de saúde de Galicia están colapsados. Para mostra un botón. Esta axenda do mércores dun médico de familia do SERGAS, que empeza a xornada con 84 consultas programadas e terminouna atendendo a 103 pacientes. Se traballase só 8 horas, tería que despachar a cada enfermo en menos de 5 minutos.
Moitos centros de saúde de Galicia están colapsados. Para mostra un botón. Esta axenda do mércores dun médico de familia do SERGAS, que empeza a xornada con 84 consultas programadas e terminouna atendendo a 103 pacientes. Se traballase só 8 horas, tería que despachar a cada enfermo en menos de 5 minutos.
Axenda ao final do día na que se computan 103 pacientes antendidos
En realidade o tempo para cada paciente é menos. Ademais das consulta, este profesional -que prefire o anonimato- debe, como os seus compañeiros, desprazarse para atender a algúns pacientes a domicilio.
HORARIOS IMPOSIBLES
As fotos da súa axenda mostran como a Xunta o somete a horarios imposibles. Por exemplo, ás 8:30 aparecen catro consultas telefónicas de seguimento de coronavirus.
Como ás 8:40 ten unha consulta presencial no centro de saúde, o galeno debería completar o seguimento telefónico de cada paciente covid en un 1 minuto e 15 segundos. Iso sen contar que ás 8:30 ten agendando un paciente presencial.
Axenda visual dun inicio de xornada dun mu00e9dico de familia do SERGAS
"Hoxe tocoume a min e outro día ao meu compañeiro, por iso a primaria non a aguanto máis", laméntase o sanitario que soportou esta axenda esta semana en un centro de saúde da provincia de Lugo.
Un centro de saúde no que hai tres médicos de familia, en teoría. En teoría, porque un dos compañeiros está de baixa e outro se xubilou recentemente e a súa praza é cuberta, con sorte, de maneira intermitente. A miúdo un médico debe atender a carga de traballo que lle correspondería a tres.
Axenda ao principio do día con 84 pacientes agendados
Un déficit que se produce en moitos outros centros de saúde, por exemplo no do Rosal, onde a Xunta leva tempo sen ser capaz de cubrir as baixas prolongadas de dúas dos tres médicos de familia.
O SERGAS alega a falta de profesionais no mercado laboral. Os seus críticos responden que se faltan é porque moitos médicos galegos escaparon a outros lugares tras anos de recortes. Na súa estratexia de "facer menos con máis" o SERGAS apostou durante anos por prolongar as xornadas laborais dos médicos existentes no canto de contratar máis persoal. O problema xorde cando eses médicos que facían horas extras xubílanse e non substitutos.
QUE PASA COAS BAIXAS AUTOMÁTICAS?
É certo que unha parte das consultas que fan agora os Médicos de Familia son trámites de carácter case burocrático. A Xunta, que leva tempo recoñecendo abertamente a súa "preocupación" pola falta de recursos en Atención Primaria, prometeu tomar medidas para aliviar este tipo de labores, como a xa executada reincorporación de 86 médicos xubilados.
A medida máis esperada é a concesión de baixas laborais e altas automaticamente a partir do formulario de autodeclaración de positivo covid por test de antígenos en casa. O presidente dixo a principios de semana que "xa está activado ou sistema". O certo é que aínda non funciona, aínda que o SERGAS indica que estará listo esta mesma semana.
VERTENTE POLÍTICA
Alberto Nuñez Feijóo terá que dar explicacións sobre a situación o martes no Parlamento de Galicia, xa que Ana Pontón, a líder do Bloque, preguntaralle sobre este asunto. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou hai uns días que o "colapso" da Atención Primaria en Galicia débese a "anos de baixadas orzamentarias".
Certo é que o problema non é de agora. O Colexio de Médicos de Pontevedra o pasado verán en relación á sobrecarga asistencial na área sanitaria de Vigo, pero a Xustiza lavouse as mans.
Escribe o teu comentario