Morre unha muller de só 44 anos con covid en Ferrol e o SERGAS comunica 12 falecementos nun só día
A Xunta acaba de informar do falecemento de doce galegos con coronavirus. Aínda que a cifra incorporarase ás estatísticas oficiais nun só día, en realidade son mortes que se produciron en catro xornadas diferentes.
A Xunta acaba de informar do falecemento de doce galegos con coronavirus. Aínda que a cifra incorporarase ás estatísticas oficiais nun só día, en realidade son mortes que se produciron en catro xornadas diferentes.
Chama a atención o falecemento dunha muller de só 44 anos no CHUF de Ferrol. É a vítima máis nova nesta onda e unha das máis novas de toda a pandemia en Galicia.
O SERGAS indica que todos os falecidos coñecidos hoxe eran persoas con patoloxías previas. A Xunta non concreta que patoloxías ou se estaban ou non vacinados.
Galiciapress puido pescudar que a muller de 44 anos que morreu no Hospital de Ferrol non estaba ingresada na UCI. Por tanto, é posible que sufrise algunha outra patoloxía moi grave, que leva a que non ingresase en coidados intensivos.
A lista de falecidos que acaba de comunicar a Xunta é a seguinte:
16 de xaneiro
Home de 89 anos, no seu domicilio do municipio de Ribas de Sil (Lugo).
19 de xaneiro
Muller de 84 anos no CHUVI.
21 de xaneiro
Muller de 44 anos no CHUF.
Home de 83 anos en POVISA.
Muller de 95 anos no Hospital Naval. Procedía da Residencia do Valadouro.
Muller de 85 anos no Hospital Naval.
Muller de 99 anos no seu domicilio do Concello de Lugo.
23 de xaneiro
Home de 82 anos en CHUS.
Muller de 54 anos en CHUAC.
Home de 89 anos na Residencia Pai Rubinos.
Muller de 89 anos en CHUO. Procedía da Residencia de Carballeda de Avia.
Home de 90 anos no Hospital de Valdeorras.
Os datos oficiais indican que morreron 150 galegos con covid nos últimos 30 días. É dicir, uns 5 cada día. A maioría son persoas de idade avanzada, sobre todo maiores de 70 anos, aínda que tamén hai persoas de 40, 50 e 60 anos.
As VACINAS REDUCIRON MUCHÍSMO A MORTALIDADE
A pesar de a vacinación e á menor gravidade de Ómicron, esta onda é a máis mortal desde o pasado inverno. Isto débese á enorme cantidade de contagios. Aínda que a letalidade é menor, a avalancha de positivos acaba incrementando a cifra de decesos.
A taxa de letalidade nos últimos 30 días é do 0,67%. Na onda do inverno pasado, cando era unha pequena minoría a que estaba copletamente vacinada, roldou o 2%. Antes das vacúas houbo momentos que se moveu por encima do 5%.
Escribe o teu comentario