O peor de Ómicron aínda está por chegar pois crece pero aínda é minoritaria tanto en Galicia como en España

Son malas noticias, porque parece que o forte alza de positivos en Galicia non se explica, polo menos non primordialmente por agora, por Ómicron. Esta cepa é máis contaxiosa e pronto será dominante no país, como xa sucede noutras zonas de Europa. 


|

A nova variante salta no 20% dos casos secuenciados na última semana en Galicia, o resto aínda son de Delta. En España, Ómicron (42%)  aínda non desprazou a Delta (58%), pero comeulle máis terreo.


Son malas noticias, porque parece que o forte alza de positivos en Galicia non se explica, polo menos non primordialmente por agora, por Ómicron. Esta cepa é máis contaxiosa e pronto será dominante no país, como xa sucede noutras zonas de Europa. 


Son datos del proxecto Covid TAG de IrisCaixa, que se alimentan das cifras oficiais que envían as diferentes autonomías.




Evoluciu00f3n semanal das cepas de covid en Galicia e Espau00f1a segu00fan covid etiqueta



O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou de que Galicia rexistra ao redor de 40 casos secuenciados da variante ómicron (B.1.1.529) . Ademais, lembrou que Galicia segue incrementando a capacidade diagnóstica e estenderá a todas as áreas as PCR gratuítas para a poboación xeral.


OURENSE XA BAIXA
En canto á evolución da pandemia, Comesaña destacou que na área de Ourense "parece" que estes días poden corresponderse co pico da sexta onda, pero aínda falta por observar a incidencia da ponte e da nova variante do coronavirus.


Na gráfica de casos activos que a diario actualiza Galiciapress pódese comprobar que, efectivamente, a tendencia é á baixa en Ourense.





ÓMICRON EN GALICIA
Lembrou que desde o 25 de novembro a aparición de ómicron entrou como un novo factor, polo que Saúde Pública segue monotorizando a evolución e "preocupados" e facendo seguimento dos casos en todas as áreas para observar a evolución. Segundo datos de hoxe, xa hai 40 casos confirmados desta variante, máis contaxiosa e da que se sospeita pode ser menos virulenta.



PCR GRATIS E SEN CITA
Comesaña destacou a capacidade diagnóstica da Comunidade galega, coas probas nas farmacias (que non se computan a nivel xeral), o covid auto, agora os test infantís e as PCR, que agora se estenderán aos 14 distritos sanitarios de Galicia, tras iniciarse na provincia de Pontevedra e empezar en Santiago de Compostela este mesmo martes.

Estas probas poderán ser sen cita previa, con autocita ou programada, "unha ferramenta máis" da que Galicia dispoñerá para frear o avance da pandemia.

TEST GRATIS PARA NENOS EN FARMACIAS
Comesaña indicou que a dispensación dos test en farmacias para nenos de 5 a 11 anos leva a cabo con normalidade. Esta prescrición incorporouse ás tarxetas sanitarias dos menores, un grupo de idade que xa arrincou o proceso de inmunización en días pasados cun nivel de adherencia do 87 por cento.

Os test empezaron a enviarse o venres pasados e, cando se terminan, vanse repoñendo nas oficinas de farmacia. "As cousas van con normalidade", asegurou.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE