Os positivos son o triplo agora que o ano pasado pero as hospitalizacións covid caen un 24%

Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,20 , por tanto na última semana houbo un  20% de positivos máis que na penúltima.   Non son boas noticias.


|



Os 1.240 novos positivos por PCR comunicados hoxe supoñen o terceiro máximo consecutivo nesta onda. Ademais, o ritmo de expansión , que levaba semanas reducíndose, parouse. Salvo sorpresa, non haberá ningún pico antes de Nadal.


As boas noticias é que a cifra de hospitalizados crece,pero segue sen dispararse. Hoxe Galicia ten só tres hospitalizados en planta máis que onte e doce máis que hai unha semana. 


De feito, comparando os datos de hoxe cos do ano pasado por estas datas vemos que os niveis de propagación do virus son moito peores -case o triplo- pero os niveis de presión hospitalaria baixaron un 24% no caso dos ingresados en camas convencionais. As vacinas están a salvarnos dunha gran crise. Nos datos por municipios e áreas sigue véndose como a zona de Ourense vai mellorando e parece conquistar un pico, mentres que empeora moito Santiago de Compostela e a súa comarca.



 

incidencia acumulada semanal  sobe de 279 a 286  positivos por cada 100.000 galegos  . De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor posible. Non hai sinais de ningunha meseta.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece 15 puntos, ata 478 .  Continuamos en risco alto, pero o domingo entraremos en risco moi alto se seguimos coa mesma velocidade de ascenso. 


O dobre da incidencia a 7 días (572) é moito maior que a incidencia a 14 días (478) . Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,20 , por tanto na última semana houbo un  20% de positivos más que na penúltima.  





Non son boas noticias. Aínda que é mellor que o dato de onte, 1,21%, confírmanos que este indicador, que é unha especie de velocímetro dos contagios semanais, atascouse tras semanas á baixa. Hai un cambio de tendencia a peor, no que pode estar a influír a maior transmisibilidade de Ómicron e/ou as viaxes do Ponte da constitución.

 

A taxa de positividade onte foi de o  11,1% . A media semanal tamén está no 11,1% ,  risco alto neste indicador. O SERGAS logrou conter o ascenso deste índice a base de pisar o acelerador das PCR. Hai unha semana facía de media unhas 8.500 e agora unhas 10.000.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 3,6%.  É a mellor porcentaxe desde principios de novembro o que axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, pero outra vez é un paso case ínfimo, caendo  de  4,4 % a 4,3 %.


O lentísimo, agónico, descenso da derivada de casos activos é algo moi peculiar desta onda. Esta excepcional lentitude pódese explicar, polo menos en parte, pola ausencia de restricións.


A progresiva imposición e limitacións máis e máis duras deron un empuxón á fase descendente de pasadas ondas. Como agora as restricións son pouco menos que simbólicas, o descenso segue unha curva máis natural para o covid-19.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +511 . O total é de  casos activos é de   14.346, uns 4.300 máis que o pasado o venres. Imos camiño dunha Noiteboa con case 20.000 casos activos.


DATOS POR ÁREAS

Vigo (330) e  Ourense (202) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe, aínda que en proporción ao seu tamaño son peores os 192 de Pontevedra. Santiago (192) e A Coruña (203) seguen empeorando a primeira ollada.

 




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS

 

CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Non haberá pico de contagios antes de Nadal, salvo un brusco descenso a próxima semana que sería moi sorprente.
  • Galicia chegará ás festas con todos os indicadores no peor nivel posible e cuns índices de transmisión moitísimo peores que os do pasado nadal. Por estas datas hai un ano, a incidencia semanal era de 86, a bisemanal de 160, o ritmo de crecemento semanal (razón de taxas) do 7%, a taxa de positividade do 6,8% e a cantidade de casos activos uns 5.000.  Temos por tanto agora unha íncidencias e unha cantidade de enfermos que triplican as do ano pasado. A velocidade de ascenso de positivos tamén triplica a do ano pasado.
  • Nunca o pasou tan mal o SERGAS como tras o Nadal de 2020. Imos camiño doutra crise desa magnitude? En principio non, grazas ás vacinas. Hoxe co triplo de casos activos temos 230 hospitalizados en planta, que son menos que o ano pasado, 309.  Se non fóra polas vacinas, deberiamos andar preto dos 700 ingresados en planta cun mes aínda por diante, no mellor dos casos, de subida de presión hospitalaria. As vacinas lograron reducir moitísimo a porcentaxe de positivos galegos que necesita hospitalización, pasou do 5% dos casos activos hai un ano ao 1,6%.
  • JQBkQ covid en galicia comparativa 2020 2021 (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE