Santiago (+48%) e Lugo (+28%) son as urbes onde máis soben e Ourense (-14%) onde máis caen os positivos covid semanais
O novo mapa de calor da razón de taxas que hoxe estrea Galiciapress confirma que a provincia Ourense mellora con varios municipios en verde, capital incluída. Ademais, o verde -que implica que a tendencia semanal dos positivos é á baixa- empeza a asomar polas comarcas como Vigo e O Morrazo.
O novo mapa de calor da razón de taxas que hoxe estrea Galiciapress confirma que a provincia Ourense mellora con varios municipios en verde, capital incluída. Ademais, o verde -que implica que a tendencia semanal dos positivos é descendente- empeza a asomar polas comarcas como Vigo e O Morrazo.
A comarca de Santiago é a que presenta cores máis escuras pois é onde máis están a empeorar as cifras esta semana. Por exemplo, na Baña está en negro porque a razón de taxas é 2, xa que na penúltima semana non tivo nin un positivo e na última, 10.
A pesar de que o mapa de calor móstranos que a zona de Vigo dá sinais de querer empezar a mellorar, os seus niveis seguen sendo moi malos, por encima dunha incidencia acumulada de 250 positivos por 100.000 habitantes. Isto tingue a case todas as comarcas de Vigo, Val Miñor e O Morrazo de negro no mapa de niveis de incidencia acumulada semanal, negro que vai sendo máis escaso na provincia de Ourense e cadad vez máis dominante na provincia da Coruña.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,17%;o que quere dicir que na última semana houbo un 17% máis de positivos que na penúltima.
Neste mapa de calor, os municipios con peor razón de taxas, aqueles con cifras próximas a 2, están en cores máis próximas a vermello escuro. Os concellos con mellor razón de taxas, con cifras próximas a 0, están en cores máis próximas ao verde claro.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte:
- NOIA +1
- ORDES +1
- PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS) +1
- RIANXO +1
- TEO +1
- VEDRA +1
- MONFORTE DE LEMOS +1
- PALAS DE REI +1
- COLES +1
- CALDAS DE REIS +1
- CRECENTE +1
- ESTRADA A +1
- VALGA +1
- CAMARIÑAS +2
- CEE +2
- OROSO +2
- VIVEIRO +2
- MASIDE +2
- GROVE O +2
- MONDARIZ +2
- PAZOS DE BORBEN +2
- SOUTOMAIOR +2
- VILAGARCIA DE AROUSA +2
- CERDEDO-COTOBADE +2
- CORISTANCO +3
- FERROL +3
- LARACHA +3
- VILAMARTIN DE VALDEORRAS +3
- GARDA (A) +3
- SALCEDA DE CASELAS +3
- SANXENXO +3
- NEGREIRA +4
- OLEIROS +4
- BARBADAS +4
- GONDOMAR +4
- MOS +4
- OIA +4
- POIO +4
- BOIRO +5
- RIBEIRA +5
- SANTIAGO DE COMPOSTELA +5
- LALIN +5
- NIGRAN +5
- PORRIÑO (O) +5
- SALVATERRA DE MIÑO +5
- CAMBRE +6
- BARCO DE VALDEORRAS (O) +7
- BRION +8
- BAIONA +8
- MARIN +9
- ARTEIXO +12
- CARBALLIÑO (O) +12
- AMES +15
- CANGAS +15
- PONTEVEDRA +36
- CORUÑA (A) +41
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- REDONDELA -19
- LUGO -15
- MOAÑA -11
- CARBALLO -8
- RUA (A) -8
- VIGO -7
- TOMIÑO -6
- ALLARIZ -4
- PONTEAREAS -4
- TUI -4
- CERCEDA -3
- MUROS -3
- PORTO DO SON -3
- COVELO (O) -3
- CARRAL -2
- CULLEREDO -2
- PADRON -2
- POBRA DO CARAMIÑAL A -2
- PONTEDEUME -2
- ZAS -2
- XINZO DE LIMIA -2
- OURENSE -2
- PEREIRO DE AGUIAR -2
- CUNTIS -2
- PONCHE-CALDELAS -2
- BERGONDO -1
- BETANZOS -1
- SANTA COMBA -1
- MONTERROSO -1
- RIBADEO -1
- RIBADAVIA -1
- SAN CIBRAO DAS VIÑAS -1
- CAMBADOS -1
- CAMPO LAMEIRO -1
- CAÑIZA (A) -1
- MEIS -1
- VILABOA -1
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos segue sendo á alza, aínda que a velocidade reduciuse hoxe. A nivel de distritos, esa deceleración hoxe apréciase nas curvas de Vigo e Pontevedra, as áreas máis golpeadas nas últimas datas. Outra boa noticia é que Ourense confirma que está en fase de mellora. Cuarto día seguido que caen os casos activos alí.
Escribe o teu comentario