Covid Galicia: Os hospitalizados en planta poderían empezar a caer esta mesma semana confirmado o pìco

Agora mesmo, case o único índice moi fiable que nos queda é a evolución da curva de hospitalizados en planta. É evidente que non chegou a un pico. Agora ben, se analizamos a súa derivada, que nos mide a velocidade de cambio deste índice en termos porcentuais, vemos que baixou en catro do últimos cinco días. Isto dános esperanzas de que o ascenso de hospitalizados estea xa decelerando.


|


026LM media m vil a 7 d as da derivada de hospitalizados en planta



Os 4.921 casos abertos comunicados hoxe son practicamente os mesmos que o luns anterior. Este é un dos indicios de que un pico de transmisión pode estar preto, aínda que a nova estratexia de non realizar PCRs distorsiona os datos e é imposible afirmalo con seguridade.

   

En dous días hai 73 novos ingresados en planta convencional. En todo caso, os incrementos de hospitalizados hoxe (+41), onte (+32) e antonte (-5) son menores que os aumentos experimentados o luns, domingo e sábado da pasada semana. Outro dato que nos indica que o pico desta onda non debería estar lonxe.


O salto de casos activos, a penas 132 máis, é o menor desde o 15 de agosto. De confirmarse a proximidade dun pico, o casos activos poderían empezar a caer esta mesma semana. Unha visión optimista que hai que tomar con prudencia, pois cabe lembrar que, polo efecto fin# de semana, luns e martes sempre traen os panoramas máis alentadores.

   


incidencia acumulada semanal  sobe case nada, de 1.843 a 1.844 . De acordo a o novo semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor posible. A deceleración deste índice nos últimos días é evidente.


incidencia acumulada a 14 días aínda crece bastante, 61 puntos hata 3.044 .  Continuamos en risco moi alto. Cando este indicador vire poderemos estar case seguros de conquistar o pico da sétima onda, pois é moi pouco proclive a cambios de rumbo dado que toma en consideración datos de moitas xornadas.


O dobre da incidencia a 7 días  é aínda maior que a incidencia a 14 díasSabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,21 , por tanto na última semana houbo un  21 % de positivos más que na penúltima.  Seguimmos empeorando pois, pero son xa dúas xornadas seguidas nas que a velocidade de empeoramento é un pouquiño menor.


A taxa de positividade onte foi de o  18% . A media semanal está en 21%, risco moi alto tamén para este indicador. A súa tendencia está case plana, cunha leve evolución á baixa.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe só 132 casos, o que equivale a un esperanzador 0,18%. O problema é que o cambio de metodoloxía executado o xoves, cando a Xunta incorporou de súpeto 24.000 casos activos, impide sacar conclusións de ningún tipo sobre a evolución da media móbil a 7 días da derivada de casos activos.


Haberá que esperar ao próximo venres, cando a media móbil a 7 días xa non teña en conta o cambio do xoves pasado, para poder fiarse outra vez deste indicador, que historicamente foi o mellor para seguir a pandemia. En todo caso, ese +132 é en teoría un dato válido e confire esperanzas de que esta semana empecemos a ver días con menos e menos casos activos.

 O total é de  casos activos é de  72.573 


DATOS POR ÁREAS

A Coruña (1.057) e  Vigo (1.303) son os distritos que máis novos casos abertos comunican hoxe. A presión sobre as UCIS segue máis ou menos estable, aínda que Vigo e A Coruña teñen 10 ou máis enfermos críticos. O que non está estable é a hospitalización en planta. A tendencia á alza nótase sobre todo na Coruña, con 134 pacientes non críticos ingresados.


 

Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia segue cunha tendencia á alza, aínda que nos últimos días a deceleración do ascenso é evidente. Isto alimenta as esperanzas de que un pico de contagios non este afastado. A última estimación do conselleiro de Sanidade situábao entre o 15 e o 18 ou algo máis tarde.
  • Os indicios da proximidade do pico son febles e poden ser produto do cambio de estratexia contra a pandemia. En todo caso, a variación de datos día a día nas últimas xornadas -unha vez aplicado xa o cambio de estratexia- tamén convida ao hoptimismo.
  • Agora mesmo, case o único índice moi fiable que nos queda é a evolución da curva de hospitalizados en planta. É evidente que non chegou a un pico. Agora ben, se analizamos a súa derivada, vemos que baixou en catro do últimos cinco días. Isto dános esperanzas de que o ascenso de hospitalizados estea xa decelerando. Cando esta derivada chegue a 0, significará que o total de hospitalizados xa non crece, desde unha perspectiva semanal, que é a importante. De continuar a actual progresión, cun decenso a cinco días de -3,1%, e un valor actual da velocidade tamén de contorna ao 3,1%, os hospitalizados en planta poderían empezar a baixar xa esta semana, o que si sería sinal inequívoco de que alcanzamos o pico desta onda..


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE