CIG

Desconvocada totalmente a folga de xustiza tras o anuncio dos sindicatos que seguían no Comité de Folga

Os servizos xurídicos destas organizacións estudarán conxuntamente impugnar o acordo da forma "menos lesiva"

Persoal de ambulancias négase a facer o labor dos celadores do SERGAS

Desde este venres, o cadro de persoal do transporte sanitario non urxente na comarca do Salnés non trasladarán aos pacientes desde as ambulancias ata o interior do hospital comarcal para distribuílos nas distintas consultas. 

AXG-CUT, STAJ e CIG reúnense este xoves para decidir se impugnan o acordo coa Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o acordo da Xunta que asinaron SPJ-USO, UXT e CC.OO.

Traballadores do SERGAS piden recuperar poder adquisitivo

O cadro de persoal do SERGAS recibe uns salarios dos máis baixos entre os sistemas españois de saúde e, ademais, a Xunta non atende á reivindicación de desconxelar os acordos salariais. Denúnciao un sindicato que esixe a apertura inmediata da negociación na mesa sectorial, como fixo Educación.

Tres dos sete sindicatos asumen o acordo que pon fin á folga de Xustiza

A Xunta de Galicia deu de prazo aos sindicatos ata o pasado venres 18 ás 14.00h para aceptar o acordo. De non facelo, advertiu que se sentiría "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

Piden a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial para que o persoal sanitario "recupere o poder adquisitivo"
A CIG reclamou este venres a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial sanitaria que aborde o incremento retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para "recuperar os dereitos laborais e o poder adquisitivo perdidos".
Así é traballar en Inditex se es muller

A CIG expuxo as condicións de "precariedade laboral" nas que viven as traballadoras de Inditex nunha rolda de prensa o pasado mércores 16 de maio. Almacéns abarrotados de mercadoría, brecha salarial e precariedade son algunhas das discriminacións relatadas por Transi Fernández (CIG).

A Xunta lávase as mans na folga de ambulancias


Galiciapress toma o pulso ao Goberno ante as primeiras xornadas do paro no transporte sanitario, unhas folgas virulentas no pasado. A Xunta responde que "os desacordos na negociación do convenio colectivo" son "un asunto estritamente privado".

O persoal do Banco Caixa Geral esixe transparencia ante a venda da entidade

A protesta acabou coa lectura dun manifesto onde "se denuncia a opacidade da dirección en todo o que ten que ver coa venda do banco e reclámase transparencia", segundo a información publicada pola CIG, "á vez que se esixe o mantemento dos postos de traballo".

Empeza a folga de ambulancias en Galicia

As moi baixas adxudicacións da Xunta nos contratos do transporte sanitario acaban desatando un conflito laboral que, por anteriores episodios, pode ser virulento.

Os Puntos de Atención Continuada esixen melloras laborais no Parlamento

Este martes sindicatos e traballadoras concéntranse no Parlamento, fan entrega das firmas recollidas e se reunen cos grupos parlamentarios.

CIG convoca concentracións para apoiar ao persoal de Xustiza en folga

A CIG chama á poboación para manifestarse o luns 7 de maio ás 11.00h diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo "en solidariedade cos compañeiros e compañeiras de xustiza", apuntan.

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos concéntrase o luns para esixir melloras laborais

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, convocou para este luns unha concentración de protesta coa que reivindicarán unha "negociación real" e a "firma dun convenio digno" á presidenta de Paradores de Turismo, Ángeles Alarcó.

CIG e UGT denuncian no xulgado a Facenda por incumprir o acordo cos Axentes Forestais

Representantes sindicais de CIG e UXT denunciaron no Xulgado do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Consellería de Facenda en materia de Inactividade da Administración por incumprir o acordo cos Axentes Forestais, segundo o comunicado publicado hoxe por APRAFOGA.

Nova maioría sindical na folga de xustiza coa adhesión de SPJ-USO a AXG-CUT, STAJ e CIG

Segundo fixeron público nun comunicado, SPJ-USO adhírese a AXG-CUT, STAJ e CIG, reconstruíndo así a unidade e establecendo unha nova maioría sindical. Desde as asociacións instaron ao resto de sindicatos a que se unan a esta maioría. 

Folga xeral o 19 de xuño convocada pola CIG
Pide ao resto de sindicatos que estean "á altura" para dar "exemplo de rexeneración democrática"
Tradicional división sindical o 1 de maio: CIG convocará unha folga xeral que UXT rexeita

O sindicato nacionalista prepara mobilizacións cos seus homólogos cataláns e vascos. O seu posterior chamamento aos sindicatos de ámbito estatal non logra apoios por agora, o que se reflicte nunhas manifestacións por separado durante este Día do Traballador.


A CIG preto de convocar unha folga xeral

A carta carta que acaba de remitir aos outros grandes sindicatos galegos e a recente reunión coas centrais nacionalistas de País Vasco e Cataluña indican que o sindicato nacionalista vai en serio e probablemente convocará un paro total.

"A situación das ambulancias galegas é insustentable"

A Confederación Intersindical Galega pide que se negocie un novo convenio de ambulancias en Galicia e convoca folga para o 8 e 9 de maio, o 6 e 7 de xuño e o 5 e 6 de xullo. Un dos sindicalistas responsables da convocatoria, Xesús Pastoriza (CIG), explícanos as razóns do paro.

Os grandes sindicatos nacionalistas lanzan mobilizacións en solidariedade con Cataluña

O líder da CIG, Paulo Carril, chamou a a folga xeral durante as manifestacións polas pensións deste domingo. Este martes acoden a Santiago as súas homólogas dos principais sindicatos vascos e cataláns. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE