Piden a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial para que o persoal sanitario "recupere o poder adquisitivo"

A CIG reclamou este venres a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial sanitaria que aborde o incremento retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para "recuperar os dereitos laborais e o poder adquisitivo perdidos".

|

Maria xose abuin cig

María Xosé Abuín | Imaxe: CIG


A CIG reclamou este venres a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial sanitaria que aborde o incremento retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para "recuperar os dereitos laborais e o poder adquisitivo perdidos".


Así o expresou a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen lembrou que os acordo retributivos destes traballadores atópanse suspendidos desde 2010. Segundo a organización, isto provocou que o persoal do Sergas estea "no furgón de cola" dos sistemas sanitarios do Estado.


Ademais, Abuín explicou que tamén está paralizado o acordo salarial do persoal dos puntos de atención continuada (PAC), co que, nas súas palabras, "castigouse" a médicos e enfermeiros a percibir "o 80 por cento" das retribucións por traballar noites e días festivos.

Por todo iso, a CIG solicitou o inicio das negociacións para abordar a recuperación dos acordos e a negociación dunha carreira profesional "sen discriminación" e cun sistema de encadre "que sitúe a cada profesional no grao que lle corresponde". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE