Os Puntos de Atención Continuada esixen melloras laborais no Parlamento
Este martes sindicatos e traballadoras concéntranse no Parlamento, fan entrega das firmas recollidas e se reunen cos grupos parlamentarios.
Imaxe: PACs en pé de guerra
Este martes, 8 de maio, o persoal sanitario dos Puntos de Atención Continuada de Galicia dá un paso máis na loita polos seus dereitos laborais. Ás 11.15h o sindicato CIG-Saúde fará entrega no rexistro do Parlamento de Galicia das firmas recollidas entre o persoal do SERGAS.
As traballadoras asinantes denuncian "recortes nos salarios, no complemento específico, na atención continuada e na carreira profesional, incumprindo o acordo retributivo 2008-2012 e o acordo de equiparación salarial do persoal de PACs", segundo di o comunicado da Confederación Intersindical Galega.
Así mesmo, de 11.00h a 12.00h as profesionais concentraranse diante do Parlamento, para esixir unha vez máis o asinado, e as representantes sindicais se reunirán coas portavoces de En Marea, BNG, PSOE e PP.
Escribe o teu comentario