Os Puntos de Atención Continuada paran hoxe na Coruña para reclamar os seus dereitos

Profesionais sanitarios dos Puntos de Atención Continuada da Eoxi da Coruña, a Estrutura de xestión da que depende a área sanitaria coruñesa, realizarán este luns un acto reivindicativo para reclamar o cómputo das súas horas de traballo anual e o cumprimento das súas condicións laborais, asinadas no ano 2008 entre Administración e sindicatos.

|


Pacienteshospital


Os Puntos de Atención Continuada da Coruña paran este luns "ante a falta de cumprimento de aspectos fundamentais do pacto con profesionais", segundo fixeron público nun comunicado. Os profesionais sanitarios de medicina e enfermería convocaron un acto reivindicativo para reclamar o cómputo das súas horas de traballo anual e o cumprimento das súas condicións laborais, asinadas no ano 2008 entre Administración e sindicatos.


Medicina e enfermería dos PAC da Eoxi da Coruña, a Estrutura de xestión da que depende a área sanitaria coruñesa, decidiron "que chegou o momento" de reclamar os seus dereitos e "facer cumprir o pactado".


Os Puntos de Atención Continuada (PAC) están distribuídos por toda Galicia e a súa función é a atención das urxencias extrahospitalarias. As súas condicións laborais réxense polo acordo subscrito en 2008.

Por este motivo, este luns, ás 11,00 horas, no rexistro do hotel de pacientes do CHUAC, os profesionais sanitarios presentarán por escrito, mediante rexistro de entrada, a petición de que se computen as súas horas de traballo anual.

Denuncian que a petición xa foi realizada en varias ocasións, tanto por escrito como na Comisión de Centros, sen que se obtivo resposta da EOXI.

A obtención deste cómputo permitiralles coñecer a orixe das discrepancias coa administración en canto á xornada para poder reclamar, así, tanto administrativa como xudicialmente.

No cómputo contabilízanse as presenzas e ausencias, incluídas as baixas laborais ou permisos retribuídos. Os profesionais sanitarios denuncian que a administración non cumpre con "o principio de neutralidade" que estaba contemplado no pacto, polo que afirman que se chega á "disfunción" de que "deban horas polo simple feito de estar enfermo un día ou pola enfermidade ou morte dun familiar". 

relacionada Vázquez Almuíña responde que as derivacións de pacientes infartados corresponden ao 061
relacionada Unha lactación a demanda prolongada favorece a carie?
relacionada Seguirán as protestas en Urxencias porque "mandaron catro caramelos e esquécense do básico"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE