Unha lactación a demanda prolongada favorece a carie?

Este sábado os pedriatas galegos organizan a reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), que renovará directiva. Será no edificio Cersia de Santiago a partir das nove da mañá. Está previsto que acuda o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña. Os prediatas abordarán temas médicos, como a lactación e a caries, e culturais, como o veleno na literatura.



|

 Este sábado os pedriatas galegos organizan a reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), que renovará directiva. Será no edificio Cersia de Santiago a partir das nove da mañá. Está previsto que acuda o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña. Os prediatas abordarán temas médicos, como a lactación e a carias, e culturais, como o veleno na literatura.



Lechematerna


A doutora Amparo Rodríguez Lombardía, presidenta de AGAPap, sinala: “Os pediatras galegos reunímonos para actualizar coñecementos sobre temas de utilidade para as nosas consultas, impartidos por especialistas de recoñecido prestixio nas súas respectivas áreas de coñecemento. Esta reunión supón un espazo no que compartir as nosas inquietudes nestes momentos complicados para a Pediatría de Atención Primaria”.


A reunión comezará con “Conversacións co experto” co tema “Actualización de vacinas: xeralidades e propostas do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría”, impartido polo doutor Manolo Merino Moína, vogal do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría e participante do grupo PrevInfad da AEPap. Na sesión vaise deter, especialmente, naquelas vacinas que, polo de agora, non están financiadas.


Despois da inauguración chegará un seminario práctico sobre “Últimas pautas de actuación na exploración bucal de nosos pequenos pacientes”, presentado polos doutores Ana Fernández Celemín e Francisco Sánchez González-Dans, odontopediatras na Coruña.


Realizarase unha actualización dos protocolos máis utilizados en odontopediatría, que permita aos pediatras saber de que xeito actuar ante un traumatismo dentario, que facer e cando remitir ao ortodoncista un problema de maloclusión dentaria ou cales son as pautas de fluorización dentaria. A maloclusión é o mal aliñamento dos dentes ou na forma en que os dentes superiores e inferiores encaixan entre si.


Así mesmo, trataranse temas controvertidos como a aparición de carie na lactación prolongada a demanda e outros nos que aínda se está buscando as súas causas, como a MIH (Hipomineralización Molar Incisiva). Serán dúas horas de relatorio ilustrado con múltiples fotografías didácticas e explicadas dun xeito ameno e sinxela.


Xa pola tarde falarase de cardioloxía e síncopes e nos nenos. O doutor Javier Pérez-Lescure, xefe da área de Pediatría e Neonatoloxía do Hospital Universitario Fundación Alcorcón Madrid, con Acreditación en Cardioloxía Pediátrica, impartirá o seminario “Na vida nada é para sempre e os síncopes non sempre son vagais”.


Segundo o doutor Pérez- Lescure: "O síncope é unha patoloxía relativamente frecuente na adolescencia, sendo o sincope vasovagal ou reflexo o máis frecuente e de carácter benigno. O sincope cardiovascular é moi pouco frecuente pero o seu recoñecemento é transcendental pois pode ser moi grave. O pediatra, a través da historia clínica, a exploración e máis a realización dun electrocardiograma pode distinguir con seguridade entre as distintas causas de síncope. Neste curso repásanse as distintas causas de síncope e a través de casos clínicos realízase o diagnóstico diferencial do síncope".


O relatorio “O veleno na literatura policíaca” servirá como peche; impartirao o doutor Alfonso Velasco Martín, profesor emérito de Farmacoloxía, académico de número e secretario xeral da Real Academia de Medicina y Cirugía de Valladolid.



No relatorio analízase o manexo do veleno nos escritores deste xénero, intoxicacións agudas, intoxicacións crónicas, fraudes na industria farmacéutica, provocación de psicose tóxica e de farmacodependencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE