A CIG preto de convocar unha folga xeral

A carta carta que acaba de remitir aos outros grandes sindicatos galegos e a recente reunión coas centrais nacionalistas de País Vasco e Cataluña indican que o sindicato nacionalista vai en serio e probablemente convocará un paro total.


|

A carta que acaba de remitir aos outros grandes sindicatos galegos e a recente reunión coas centrais nacionalistas de País Vasco e Cataluña indican que o sindicato nacionalista vai en serio e a súa estratexia pasa por convocar un paro total. 


Rolda de prensa dela, CIG, CSC e LAB

Sindicatos nacionalistas en rolda de prensa en Santiago esta semana


O martes a CIG fixo de anfitrioa dos  grandes sindicatos nacionalistas de Cataluña (CSC) e Euskal Herria (LAB e ELA). As centrais advertiron que a situación en Cataluña demanda tomar mobilizacións urxentes.


Hoxe o sindicato, un dos máis importantes do país e líder en sectores como a educación, informa que xa pediu formalmente a UXT e Comisións que negociar unha folga xeral


Como motivos, a central cita, entre outros, a defensa do sistema público de pensións, a privatización constante dos servizos públicos e o "recorte dos dereitos e liberdades públicas e democráticas". A CIG non inclúe no seu comunicado  á cuestión catalá entre os puntos para debater cos seus homólogos galegos.


A nivel orgánico, o sindicato xa deu pasos cara ao paro. Así , durante a pasada semana, montou asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, como primeiro paso para trasladar o debate aos centros de traballo.


"Decidimos actuar, acreditando no potencial e a capacidade de loita da clase obreira, que ten na súa man unha ferramenta fundamental: a folga xeral”,  conclúe Paulo Carril, líder do colectivo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE