Os grandes sindicatos nacionalistas lanzan mobilizacións en solidariedade con Cataluña

O líder da CIG, Paulo Carril, chamou a a folga xeral durante as manifestacións polas pensións deste domingo. Este martes acoden a Santiago as súas homólogas dos principais sindicatos vascos e cataláns. 


|

Paulocarril


Este martes 17 de abril a sede da CIG de Santiago de Composela acolle un encuento de líderes sindicais nacionalistas de todo o estado. O secretario xeral da Confederación Intersindical Galega, Paulo Carril, reunirase con as tamén secretarias xerais Garbiñe Araburu (LAB), Adolfo Muñoz "Txiqui" (ELA) e a Carles Xastre (CSC).


Dous días despois de que Carril chamase á convocatoria dunha folga xeral durante as manifestacións polas pensións deste domingo, a sede compostelá celebra a reunión "ao máis alto nivel" das organizacións sindicais, onde se abordará "cuestións relativas ao dereito a folga, á escalada de perda de liberdades, a vulneración de dereitos fundamentais no Estado español e a afectación a nivel sociolaboral e sindical da represión", segundo un comunicado da Confederación Intersindical Galega. 


As líderes nacionalistas analizarán tamén a situación de Cataluña, despois do comunicado  asinado por todos os sindicatos que estarán presentes en Santiago -entre outros- de repulsa pola situación de "auténtica excepcionalidade política, polas actuacións anti-democráticas do estado que nos fan lembrar épocas que, aínda que son por todos e todas coñecidas, non deixan de restar gravidade á situación". 


As organizacións asinantes esixían "a liberdade de todas as persoas encarceradas, a volta das persoas exiliadas, a supresión da aplicación do artigo 155 e a restitución plena das institucións catalás. E que se respecte a vontade popular exercida polo pobo de Catalunya no referendum do 1 de Outubro e nas eleccións do 21 de Decembro".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE