O persoal do Banco Caixa Geral esixe transparencia ante a venda da entidade

A protesta acabou coa lectura dun manifesto onde "se denuncia a opacidade da dirección en todo o que ten que ver coa venda do banco e reclámase transparencia", segundo a información publicada pola CIG, "á vez que se esixe o mantemento dos postos de traballo".


|

18 05 08 ProtestaBancoCaixaGeralVigo02

Protesta en Vigo | Imaxe: CIG


Empregadas do Banco Caixa Geral concentráronse o pasado martes 8 de maio diante dunha sucursal da entidade en Vigo para esixir información sobre a venda da compañía e o mantemento de todos os postos de traballo


A protesta, convocada por CIG e UGT, produciuse entre as 11.30h e as 12.30h, e acabou coa lectura dun manifesto onde "se denuncia a opacidade da dirección en todo o que ten que ver coa venda do banco e se reclama transparencia", segundo a información publicada pola Confederación Intersindical Galega, "á vez que se esixe o mantemento dos postos de traballo". 


Banco Caixa Geral, a entidade resultante da fusión do Banco Luso Español, Banco Estremadura e Banco Simeón, comunicou aos sindicatos en xuño de 2017 a venda do mesmo, unha decisión, segundo conta CIG, "por imposición de Bruxelas". 


Con todo, as asociacións sindicais contabilizan un beneficio neto do banco de 25,4 millóns de euros en 2017, "co que a entidade acumula catro anos seguidos de beneficios", conta CIG. As traballadoras denuncian que "soportaron" dous ERE -o último data de 2013- e viron reducidas o número de oficinas de 209 a 110, e o persoal en máis da metade -de 1160 a 538 traballadoras-.


Así mesmo, esixen información sobre a venda que, despois da última reunión coa Comisión Executiva en xaneiro de 2018, o conselleiro delegado da entidade, Manuel López Figueroa, "comprometeuse a dar". "Esta promesa está a ser incumprida de forma reiterada, non tendo ningunha información e agravando a incerteza das 538 traballadoras que compoñen o cadro de persoal", recolle a CIG. 


O persoal, que traballa nas oficinas do Banco Caixa Geral de Galicia, Madrid e Estremadura, anunciou un calendario de mobilizacións ata que o banco dea "resposta ás nosas demandas". 


relacionada ​Panamá multou ao grupo de Abanca por violar as normas sobre branqueo e financiamento do terrorismo
relacionada O dono de Abanca ataca a intervención de Banesco mentres crece a preocupación en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE