O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
A protesta acabou coa lectura dun manifesto onde "se denuncia a opacidade da dirección en todo o que ten que ver coa venda do banco e reclámase transparencia", segundo a información publicada pola CIG, "á vez que se esixe o mantemento dos postos de traballo".