Abanca busca despedir 250 traballadores pola absorción de Caixa Geral
O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
Unha pasada protesta de traballadores de Caixa Geral en Vigo
A central nacionalista empeza cun calendario de protestas. A primeira cita, mañá xoves ás dez horas, terá lugar na praza de Cervantes, en Santiago de Compostela. Alí ten Afundación, a ONG gobernada por ABANCA, unha das súas sedes na capital.
O lema da protesta será “Nin despedimentos, nin abusos en materia de xornada”. E é que hai tempo que CIG-Abanca vén queixándose da sobrecarga de traballo nas oficinas das que foron as caixas de aforro.
Este diario consultou a ABANCA se os despedimentos poden afectar só os operarios do banco de orixe portuguesa, ou tamén aos das oficinas de ABANCA, sen recibir resposta.
Abanca e Caixa Geral de Depósitos (CGD) pecharon o outubro a adquisición. Banesco pagou pola rama española do banco luso 384 millóns de euros, 20 máis do previsto inicialmente ao anunciar a operación en 2018, "porque é un banco moi ben capitalizado, o que xustifica que a cifra resultase maior".
Banco Caixa Geral -suma á súa vez da fusión do Banco Luso Español, Banco Estremadura e Banco Simeón- tivo beneficio neto do banco de 25,4 millóns de euros en 2017 , segundo os seus representantes sindicais.
Escribe o teu comentario