O Banco Central Europeo, tras facerlle probas de resistencia a Abanca, obriga á marca galega do Grupo Banesco a aumentar os seus reservas ante riscos non previstos. En concreto, deben pasar do 1,75% ao 2% do capital. É dicir, subiulle a esixencia nun 14%.
Segundo os datos oficiais da propia entidade, en só un ano, a entidade bancaria conta con 50 oficinas menos na comunidade, a pesar de que o seu presidente acaba de embolsarse 56 millóns só polos dividendos deste ano, contribuíndo a facer de Escotet o quinto home máis rico de España.
Novidades que incumben a Galicia na lista dos máis ricos de Forbes e esta vez non só teñen que ver coa familia Ortega e Inditex. O negocio que Juan Carlos Escotet está a facer con Abanca é de tal calibre que acaba de converterse na quinta persoa máis rica de España.
O club herculino, á deriva tanto deportiva como institucionalmente, ve como o seu máximo accionista, a entidade bancaria, ameaza con deixar de insuflar liquidez ao equipo.
O sindicato CIG en Abanca alerta que "Abanca presentou un ERE pola integración de Banco Caixa Geral e Abanca que afecta a 250 traballadores". Galiciapress contactou coa filial de Banesco para contrastar esta denuncia, pero o banco declina por agora facer comentarios.
Os sindicatos de profesorado e de alumnado organizaron unha fronte común en contra do proxecto de universidade privada de Abanca, que supoñería a constitución da primeira entidade académica desta índole na historia da comunidade e un paso máis cara á "mercantilización dos estudos superiores", segundo denuncian, en detrimento do sistema público.
"Nunca vin unha empresa tan escarallada como esta". Esas foron as palabras de Juan Carlos Escotet, que a pesar de ser incapaz de cadrar os números vermellos do Deportivo da Coruña embarcouse nun novo rescate ao club branquiazul para tentar salvalo da súa desaparición.
O visto e prace da entidade financeira foi determinante para que o Deportivo da Coruña teña novo presidente e para deixar entrar un raio de esperanza no club.
Galiciapress contactou coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para coñecer as impresións das tres universidades públicas sobre o anteproxecto de lei da primeira universidade privada de Galicia. As tres entidades reclaman que se fagan públicos os documentos que faltan, como a memoria e os informes correspondentes a ela, xa que son textos imprescindibles para que se poida tramitar o proxecto e para que as universidades poidan facer unha valoración respecto diso.
A Federtación de Traballadores de Seguridade Privada - Unión Sindical Obreira asegura que Afundación pretendía aforrarse así "o sobrecusto das súas antigüidades".Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, e José María Pascual, director xeral de VIEWNEXT cando presentaron o centro de innovación na Leira Sevilla de Ourense | AbancaNi Afundación, nin Abanca, quen achega a práctica totalidade dos ingresos da antiga obra social das caixas de aforros, responderon por agora ás denuncias públicas dos traballadores.Operarios que prevén concentrase diante do inmoble ourensán os días 12, 15 e 19 de agosto.
A entidade informa que "as nosas oficinas e caixeiros funcionan con normalidade", pero as redes responden con queixas protestando porque a banca electrónica e algúns caixeiros seguen sen funcionar. Case 24 horas despois do inicio desta crise, a única explicación é unha breve alusión a un "fallo técnico nas comunicacións".
O banqueiro venezolano retira a súa proposta tras esixirlle a CNMV que a corrixise en 10 días. Como adiantou onte Galiciapress, isto facía case inviable a operación. O dono de Banesco contrataca contra as "filtracións interesadas" a algúns medios de comunicación. Un eventual cambio de goberno podería reactivar a operación.