Abanca pecha 50 oficinas nun ano e a Xunta subvenciónalle 1,2 millóns para que poña caixeiros no rural

Segundo os datos oficiais da propia entidade, en só un ano, a entidade bancaria conta con 50 oficinas menos na comunidade, a pesar de que o seu presidente acaba de embolsarse 56 millóns só polos dividendos deste ano, contribuíndo a facer de Escotet o quinto home máis rico de España. 


|

Criticada pola avalancha de clausuras de sucursais en ducias de concellos, este verán a filial de Banesco propuxo caixeiros automáticos. A Xunta subvencionarallos tras gañar un concurso.


Segundo os datos oficiais da propia entidade, en só un ano, a entidade bancaria conta con 50 oficinas menos na comunidade, a pesar de que o seu presidente acaba de embolsarse 56 millóns só polos dividendos deste ano, contribuíndo a facer de Escotet o quinto home máis rico de España


Escotet e Nuu00f1ez Feiju00f3ou nunha foto de arquivo

O presidente da Xunta Feijóo e o presidente de Abanca Escotet nunha foto de arquivo



A Consellería de Facenda publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que concede unha subvención de ata 1,2 millóns de euros no próximos catro anos a Abanca Corporación Bancaria SA para instalar, poñer a funcionar e manter caixeiros automáticos nun total de 38 concellos adheridos ao convenio autonómico activado para manter servizos financeiros no rural.


CONDICIÓNS DA SUBVENCIÓN

En concreto, a resolución concreta que se concederá a subvención a Abanca para "incentivar e fomentar" a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais galegas. Todo iso, para as anualidades de 2021 a 2025.

O importe máximo da subvención é de 1.217.520 euros, nos termos e condicións contemplados na Orde do 18 de xuño de 2021; e o módulo para a instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos terá unha asignación máxima de 7.100 euros anuais por caixeiro.

O paso da Xunta prodúcese nun contexto onde diversas entidades e partidos agudizaron as súas críticas pola retirada de servizos bancarios de concellos do rural.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE