A Xustiza investiga a un profesor do Peleteiro de Santiago por agresión sexual a unha nena

A investigación está baixo segredo de sumario. O Colexio, o máis prestixioso da educación privada en Compostela, indica que despediu ao traballador. 


|

Colexio Manuel Peleteiro en una imagen de la web del centro
Colexio Manuel Peleteiro nunha imaxe da web do centro

 

Fontes oficiais da Policía Nacional confirmaron esta mañá a Galiciapress  que, en relación a un suposto caso de agresión sexual no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, existe unha “investigación en sede xudicial” que “afecta a menores” e sobre a que pesa segredo de sumario, polo que non se poden dar máis datos. 
 

Pola súa banda, portavoces do Colexio indicaron a esta redacción que non está previsto facer declaracións e remitíronse ao comunicado enviado onte ás familias de Primaria. 
 

Esa nota, á que tivo acceso Galiciapress, recoñece “as delicadas circunstancias relacionadas co despedimento dun traballador do centro” e sinala que o centro actúo “coa máxima dilixencia e responsabilidade” pois “está a colaborar plenamente coas autoridades competentes e o  caso atópase actualmente en mans da Xustiza”.
 

O Colexio pide “protexer a intimidade, a dignidade e o benestar dos menores e das súas familias” para “non interferir na investigación e para respectar o segredo de sumario decretado polo xulgado”. O comunicado foi enviado só, en principio, aos titores de nenos e nenas de primaria. Segundo O Correo Galego, o delito que se investiga é de agresión sexual e sería cometido por un profesor e segundo #COPE sería detido.

 

 

 

 

Expertos en dereito relacionado cos menores explican que a práctica habitual nestes casos é tomar declaración aos menores no xulgado canto antes, para preservar o relato de interferencias, mediante proba preconstituida.

 

Non é o primeiro caso similar que afecta a un centro de educación privada en Santiago. En 2022, o Colexio Compañía de María de Santiago apartou a un traballador tras unha denuncia de abusos a un menor. O acusado foi absolto en febreiro deste ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE