Así o fixo durante unha reunión, que mantivo esta semana, co director xeral de Punta 25 Hotels Group
Haberá en Galicia quen saiba máis de natureza, pero poucos hai que pateasen máis monte que Pedro Alonso. O biólogo detalla décadas na serra atrás do lobo e en loitas ecoloxistas en “A fraga esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos”, crónica de como agoniza a Galicia rural pero tamén das vitorias do movemento ecoloxista galego, que tamén as houbo. Nesta entrevista con Galiciapress, o naturalista aborda temas como Altri, Ence, as eólicas e os incedios. A súa aposta pasa por deixar de considerar o monte só como unha fonte de riqueza e por unha consulta popular sobre as coníferas e os eucaliptos.
A chegada do outono, lonxe de supor unha tregua, ha recrudecido a ameaza da Vespa velutina en Galicia. Dúas mortes tráxicas en apenas dúas semanas, unha en Cospeito e outra en Irixoa, devolveron o foco a un problema de saúde pública que afecta de cheo ao rural galego. Os ataques da avispa asiática xa non son un risco afastado; son unha realidade letal que golpea durante tarefas cotiás como a caza ou os traballos forestais ou de roza, evidenciando que a convivencia con esta especie invasora require unha alerta e uns protocolos de prevención máximos.
A medida será efectiva a partir do próximo luns
Un dos maiores expertos en Galicia sobre fondos europeos para I+D+i cre que Altri modificou os seus plans até tal punto que o Estado fai ben en negarlle as subvencións Next Generation, imprescindibles para a polémica fábrica. Así o explica o profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago Diego Sande Veiga nesta entrevista ao fío do seu novo libro: "As Políticas rexionais de innovación empresarial de Galiza", produto dunha investigación premiada pola Xunta. As dificultades das pequenas empresas para acceder a subvencións para innovar e a miopía das administracións á hora de entender a innovación no medio ambiente son outros dos temas desta conversación.
A catástrofe sufrida é pequena ante a hecatombe que se prepara. A acumulación de coníferas e eucaliptos en extensas áreas de Galicia anuncia incendios que empequeñecerán os deste ano.
A vontade de resistir reunirá máis apoios, moitas máis vontades, vaiamos no tren rápido das masas ou no máis modesto vehículo de máximos.
O Teixedal de Casaio é unha xoia botánica de valor incalculable, considerado o bosque de teixos máis antigo de Galicia e un dos poucos e mellor conservados de Europa, ao albergar exemplares centenarios e mesmo milenarios. Este verán, a súa supervivencia viuse gravemente ameazada por un virulento incendio orixinado en Zamora que avanzou até o teito de Galicia, calcinando miles de hectáreas ao seu paso. As chamas chegaron a rodear o Teixedal, e foi a actuación decidida dos veciños e voluntarios, xunto á propia humidade do frondoso bosque, o que a duras penas logrou frear o avance do lume. Este fin de semana outro incendio desatou a alarma no municipio.
Se cadra o que ten que arder non é o rural de Ourense e Lugo, senón onde viven ou veranean os que mandan
Algúns gobernos locais optan por facer cargo de elementos como supermercados para axudar a fixar poboación
O desapego ao territorio no que vivimos, máis lonxe ou máis preto, determina como tratamos ao mesmo. Este trato tradúcese na resposta que ese territorio nos dá no noso día a día. Podemos ver o territorio como un espazo só para a extracción e leste devólvenos espazos estériles. Tamén podemos ver o territorio como un espazo en branco sobre o que actuar de forma que obteñamos froitos a longo prazo pensando en xeracións futuras. Diso trata o traballo Agenciamientos Ecolóxicos. Arte e gobernanza na era da crise climática
Agora Galicia acaba de nacer como unha coalición de forzas políticas que buscan transformar o panorama electoral galego desde o municipalismo. Esta confederación de partidos locais de Ourense, Chantada, Sober, Monforte de Lemos, Courel, A Ulloa, Vilardevós, Laza, Chandrexa de Queixa, Macizo Central, Gondomar, Nigrán, Baiona, Campo Lameiro, Ribadumia, San Sadurniño, Neda suma xa 23 concelleiros en Galicia e aspira a converter en determinante no axustado equilibrio de poder das deputacións . Nesta entrevista para Galiciapress, Antom Fente Parada, de Por Chantada - Interior Galego Vivo, explica o seu modelo organizativo, os seus obxectivos e a súa postura ante proxectos como a celulosa de Palas de Rei.
Un consorcio ENCE-ALTRI-GREENALIA será imbatible en todo o cuadrante noroeste ibérico, tendo a INDITEX como cliente privilexiado.
O restaurante O Secadeiro, situado no municipio coruñés de Outes, foi recoñecido cunha Estrela Verde Michelín polo seu compromiso coa sustentabilidade. Este galardón pon de manifesto a relevancia de iniciativas emprendedoras que apostan polo medio rural como motor de desenvolvemento en Galicia.
Interior Galego Vivo (IGV) é unha agrupación dunha ducia de candidaturas locais de pequenos concellos. Nas pasadas eleccións municipais, sacaron uns 15 edís e na súa inminente asemblea decidirán que facer nas autonómicas. Este é un dos temas desta entrevista con Antom Fente, mestre e militante de Por Chantada. A polémica do lobo, unha fiscalidade específica para o rural, o pacto de investidura e a falta de servizos públicos nas aldeas e vilas son outros dos temas desta conversación.
Participan mulleres procedentes Asturias, Cataluña, Aragón, Baleares, Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Valencia.
Deste xeito, a primeira mesa tratará o emprendemento feminino en clave rural e os segunda sobre os retos e estratexias para resolver no mundo rural.