Magnafor programa o Foro de Emprendemento no Rural en tres concellos galegos entre abril e xuño
Deste xeito, a primeira mesa tratará o emprendemento feminino en clave rural e os segunda sobre os retos e estratexias para resolver no mundo rural.
Esta empresa programa unha sucesión de eventos no ámbito do proxecto PEL, organizado pola Deputación da Coruña e da Axenda Emprende, para acometer o rural.
O Foro de Emprendemento no Rural terá partida nos concellos de Vedra, Oleiros e Brión.
Foto: Europa press
Trátase dun dos primeiros actos nos que os rostros deixarán de estar cubridos pola máscara. O proxecto está deseñado para vivir experiencias vinculadas ao emprendemento no rural, polo que é unha oportunidade para tódalas persoas que queiran atopar diversos proxectos sobre esta temática, así como perspectivas de futuro.
As persoas interesadas poderán desfrutar de espazos de conexión o 28 de abril no Coworking da estación de Vedra, o 12 de Maio no Pazo de Arenaza de Oleiros e o 8 de Xuño no Espazo Colaborativo de Brión. Ademais, un dos principais obxectivos desta iniciativa será a de aportar ideas resolutivas sobre o emprendemento nos municipios con menos habitantes.
Para iso, crearanse dúas mesas redondas e talleres de conexión. Tamén haberá unha actividade dedicada ao ensino do manexo da pota a presión con profesionais. Deste xeito, a primeira mesa tratará o emprendemento feminino en clave rural e os segunda sobre os retos e estratexias para resolver no mundo rural.
FORMULARIO
Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo compilando o seguinte documento para a solicitude dunha praza. Nel pódense atopar os horarios de cada unha das actividades, así como tódolo avisos legais requiridos para o rexistro. Con todo, en caso de dúbidas, os/as solicitantes poderán chamar ao teléfono de contacto 886 212 131 ou enviar unha mensaxe ao email magnafor@magnafor.es.
'PROXECTO PEL'
PEL Emprego Sustentable é un programa promovido pola Deputación da Coruña e financiado nun 80% polo fondo Social Europeo. Este ten como fin o de formar e incentivar o emprego no medio rural. Así pois, ofrecen itinerarios e aportan unha pequena dotación económica as persoas participantes.
Escribe o teu comentario