Que ardan Santiago de Compostela e Madrid

Manuel Vilas López

 

Se cadra o que ten que arder non é o rural de Ourense e Lugo, senón onde viven ou veranean os que mandan, por exemplo Ourense cidade, Baiona, Sanxenxo, Compostela ou Madrid. 
 

Veciu00f1a de Vilela acude a combatir as lapas do lume que cercou a sua aldea a 15 de agosto en una foto de Rosa Veiga
Veciña de Vilela acude a combater as lapas do lume que cercou a súa aldea a 15 de agosto en una foto de Rosa Veiga

Esta tarde empezou a chover en Galicia. Deixará de arder pero eu teño medo de volver á aldea. “Ardeu todo menos o Alén”, advertíronme.

 

O Alén é un deses nomes que identifican moito máis cun lugar. 

 

O Alén, o Porto, as Pallas, o Oveledo, a Fraga, o Bidueiro, a Periquella, Astorgás, a Cidá, a Cota, o Forte, o Facho,  Aciñeira e ducias máis son parte dun mapa infinito de outeiros, leiras, poulas, hortas e navais a través do que descubrimos o mundo. Este verao arderon case todos.

 

O dano económico é ínfimo. Con sorte, tes quen che traballe algún dos mellores navais cerca da aldea. A cambio recibes nada. Debes agradecer -e agradeces- a quen evita que toxos incen a terra fértil.

 

Foi esa coroza mínguate de terra labrada o que evitou que o lume pasara polo medio da Madanela. A outras aldeas da Raia Seca, o Bolo ou Valdeorras foilles peor.

 

Na nosa comarca, o lume de 2020 pasou polo medio de San Cristovo. O lume 2025 arrasou varias casas na Caridade, deixando imaxes propias dunha guerra.

 

Samuel, veciu00f1o da Caridade (Cualedro) diante da su00faa casa destruu00edda polo lume nunha foto de Rosa Veiga
Samuel, veciño da Caridade (Cualedro) diante da súa casa destruída polo lume nunha foto de Rosa Veiga

Somos, pois, un pobo condenado a sufrir unha catástrofe ambiental cada lustro? Trátase diso? De aceptar o noso fracaso, o noso exterminio moral?

 

¿Que pasará en 2030? O noso presidente Alfonso Rueda xa nos advertiu que este domingo que "este modelo de lumes chegou para quedar".

 

Somos, pois, un pobo condenado a sufrir unha catástrofe ambiental cada lustro? Trátase diso? De aceptar o noso fracaso, o noso exterminio moral?

 

Iso é o que está en xogo. As leiras pode que non valan un peso, pero importan, ou deberían importarnos.

 

Os nosos pais mercáronas cos magros réditos dunha emigración que enriqueceu a Suíza, Alemaña, Cataluña ou o País Vasco. Na xeración anterior, cos xornais de semi-escravitude as que se sometían os nosos avós na sega en Castela. Ver arder esa terra e ve arder o traballo de séculos. 

 

O dano económico é limitado, a ferida moral é devastadora, as consecuencias inmensas. Quen vai inverter nunha terra que sabe está condenada a vela queimarse?

 

Esta tarde empezou a chover. Remata así a vaga de lumes do verán de 2025.  Os últimos leváronse soños de vidas novas no Camiño de Inverno, en Valdeorras, aló por Quiroga.

 

Mañá os militares marcharán. Marcharán tamén os equipos de televisión. Como cantaba Uncle Tupelo en New Madrid, os xornalistas recollerán os seus equipos e as unidades móbiles; volverán á capital á procura do próximo desastre.

 

Nós quedaremos aquí, preguntándonos que fixemos mal; se somos parte dun pobo ignorante e maldito, condenado polo seu autodio, ou simplemente outras vítimas máis dun capitalismo que como un sumidoiro baleira o campo para enriquecer as elites urbanas.

 

Preguntándonos se esta vez ardeu as nosas aldeas arderon dabondo, ou se aínda teñen que arder máis para que algo cambie. 

 

 

Vistos os precedentes, se cadra o que ten que arder non é o rural de Ourense e Lugo, senón onde viven ou veranean os que mandan, por exemplo Ourense cidade, Baiona, Sanxenxo, Compostela ou Madrid. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE