Catro incendios permanecen activos en Galicia, con Valdeorras ardendo desde hai dez días
O incendio A Pobra do Brollón mantén activada a Situación 2 pola súa proximidade ás vivendas.
Galicia mantén activos catro incendios forestais, dous deles na provincia de Ourense e outros tantos na de Lugo, sendo o de maior entidade o rexistrado en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.
Así se desprende da última información trasladada pola Consellería do Medio Rural, que recolle que a superficie queimada no incendio da Pobra do Brollón, na parroquia de Abrence, onde se mantén activa a Situación 2, alcanza xa as 900 hectáreas.
Tamén na provincia de Lugo permanece activo o incendio declarado na Fonsagrada, na parroquia de San Pedro de Río, que afecta a 40 hectáreas.
En canto á provincia de Ourense seguen activos de lume de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, que comezou o luns, día 18, e entrou a Galicia desde Castela e León, calcina 5.000 hectáreas.
O incendio de Avión, na parroquia de Nieva, que se iniciou na tarde deste pasado domingo, afecto a un total de 250 hectáreas, segundo as últimas estimacións.
ESTABILIZADOS E CONTROLADOS
Doutro xeito, permanecen estabilizados os incendios de Chandrexa de Queixa e Vilariño (19.000 hectáreas); o de Larouco, parroquia de Seadur (30.000 hectáreas); o de Oímbra e Xinzo de Limia (17.000 hectáreas); o da Mezquita, parroquia da Esculqueira (10.000 hectáreas); e o de Carballeda de Avia e Beade (4.000 hectáreas).
Así mesmo, mantéñense controlados os lumes de Maceda (3.500 hectáreas); Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas); Carballedo, parroquia da Cova (100 hectáreas); o de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos (900 hectáreas).
Escribe o teu comentario