Protestas contra Afundación (Abanca) por despedimentos de vixiantes de seguridade

A Federtación de Traballadores de Seguridade Privada - Unión Sindical Obreira asegura que Afundación pretendía aforrarse así "o sobrecusto das súas antigüidades".Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, e José María Pascual, director xeral de VIEWNEXT  cando presentaron o centro de innovación na Leira Sevilla de Ourense | AbancaNi Afundación, nin Abanca, quen achega a práctica totalidade dos ingresos da antiga obra social das caixas de aforros, responderon por agora ás denuncias públicas dos traballadores.Operarios que prevén concentrase diante do inmoble ourensán os días 12, 15 e 19 de agosto.


|

O sindicato FTSP-USO empeza a mobilizarse contra Afundación, a obra social da entidade bancaria Abanca. O motivo, a súa "complicidade no despedimento de varios vixiantes de seguridade".


De acordo á versión do sindicato, a fundación forzou á empresa adxudicataria do edificio da Finca Sevilla, en Ourense, a non subrogación dos vixiantes de seguridada. A Federación de Traballadores de Seguridade Privada - Unión Sindical Obreira asegura que Afundación pretendía aforrarse así "o sobrecusto das súas antigüidades".


 img internas  mediaformats 20180726 abanca innova ourense hd 00790fa1


Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, e José María Pascual, director xeral de VIEWNEXT  cando presentaron o centro de innovación  



Nin Afundación, nin Abanca, quen achega a práctica totalidade dos ingresos da antiga obra social das caixas de aforros, responderon por agora ás denuncias públicas dos traballadores.


Operarios que prevén concentrase diante do inmoble ourensán os días 12, 15 e 19 de agosto. O obxectivo, "esixir a recolocación do persoal nuns postos aos que teñen lexítimo dereito e non abocalos ao desemprego".


Abanca anunciou esta semana  un resultado "histórico" ao gañar 250,1 millóns no primeiro semestre, un 1,26% máis


O inmoble  é onde o Concello de Ourense e a Deputación Provincial teñen previsto lanzar, ao menso inicialmente, o seu Centro de Intelixencia Artificial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE