CIG convoca concentracións para apoiar ao persoal de Xustiza en folga
A CIG chama á poboación para manifestarse o luns 7 de maio ás 11.00h diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo "en solidariedade cos compañeiros e compañeiras de xustiza", apuntan.
Xabier Picón | Imaxe: CIG
O día en que se cumpren tres meses desde que se convocou a folga indefinida de Xustiza, e tras a rotura da unidade sindical, a Confederación Intersindical Galega convocou concentracións en apoio ao persoal de Xustiza que segue en folga.
Así o explicaron mediante un comunicado, onde chaman á poboación para manifestarse o luns 7 de maio ás 11.00h diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo "en solidariedade cos compañeiros e compañeiras de xustiza", apuntan.
As concentracións foron convocadas por un dos 4 sindicatos que continúan en folga -SPJ-USO adheriuse recentemente á CIG, SPAJ e APX-. O secretario nacional da CIG-Administración, Xabier Picón, responsabiliza ao Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola actitude "incendiaria" que mantivo desde o inicio do conflito. "Negociar non é unha opción, é unha obrigación", apuntou Picón, esixindo a dimisión do Vicepresidente no caso de que non se mostre disposto a negociar.
O secretario nacional do sindicato demandou tamén que Rueda "pare xa de intentar criminalizar ás persoas que exercen o seu dereito constitucional á folga", e que asuma os resultados dunha votación "que el mesmo promoveu".
Escribe o teu comentario